Antigo alto alemán
O termo antigo alto alemán (en alemán: Althochdeutsch) refírese á fase máis temperá da lingua alemá e convencionalmente cobre o período desde preto do 500 ata o 1050. Textos escritos non aparecen ata a segunda metade do século VIII, aínda que algunhas palabras e nomes atopáronse en textos en latín antes de dita data. Por esta razón, algúns tratan o período anterior a 750 como 'prehistórico', e datan o principio do antigo alto alemán propiamente desde o 750.
A principal diferenza entre o antigo alto alemán e os dialectos xermánicos occidentais dos que se desenvolveu, é que sufriu o segundo cambio consonántico ou zweite Lautverschiebung. Isto adoita datarse moi aproximadamente desde finais do século V e principios do século VI, por tanto datando o comezo do antigo alto alemán ao redor do 500. O resultado desta evolución dos sons é que o sistema de consoantes alemán permaneceu diferente de todas as outras linguas xermánicas occidentais, incluíndo o inglés e o baixo alemán.[1] Gramaticalmente, con todo, o antigo alto alemán permaneceu moi similar ao inglés antigo e ao saxón antigo.
Cara á metade do século XI, as numerosas vogais diferentes que se atopaban en sílabas sen énfase reducíronse todas a 'e'. Xa que estas vogais eran parte das terminacións gramaticais nos substantivos e verbos, a súa perda levou a unha radical simplificación da gramática flexional do alemán. Por conseguinte, o ano 1050 considérase como o principio do período do alto alemán medio, aínda que case non houbo textos en alemán durante os seguinte cen anos. Exemplo de redución de vogais en sílabas sen énfase:
antigo alto alemán | alto alemán medio | inglés |
machôn | machen | make |
taga | tage | days |
demu | dem | to the |
(As formas en alemán moderno destas palabras son, en termos xerais, as mesmas que no alto alemán medio.)
Dialectos
[editar | editar a fonte]Non había un estándar ou unha variedade suprarrexional do antigo alto alemán. Cada texto está escrito nun dialecto en particular, ou nalgúns casos nunha mestura deles. En xeral, as principais divisións dos dialectos do antigo alto alemán parecen ser similares ás dos períodos posteriores e están baseadas en grupos territoriais establecidos e nos efectos da zweite Lautverschiebung, que permaneceron ata o día de hoxe. Pero debido a que a evidencia directa sobre o antigo alto alemán consiste soamente en manuscritos producidos nalgúns poucos importantes centros eclesiásticos, non hai información de isoglosas do tipo no que se basean os mapas dialectais modernos. Por esta razón, os dialectos do antigo alto alemán poden cualificarse como dialectos de mosteiro. Os principais dialectos do antigo alto alemán, coas súas respectivas dioceses e mosteiros:
- Alemán central
- Alto alemán
- Alemánico: Murbach, Reichenau, Sankt Gallen, Estrasburgo.
- Bávaro: Frisinga, Passau, Ratisbona, Augsburgo, Ebersberg, Wessobrunn, Tegernsee, Salzburgo, Mondsee.
- Longobárdico: (non hai textos, incerto).
Hai algunhas diferenzas importantes entre a extensión xeográfica dos dialectos do antigo alto alemán e a do alemán moderno:
- Ningún dialecto do alemán era falado ao leste do río Elba; no período do antigo alto alemá a área estaba ocupada por pobos eslavos, e non houbo asentamentos de pobos xermanos ata o século XII.
- O dialecto longobárdico, dos lombardos, que invadiron o norte de Italia no século VI, pode ser un dialecto do alto alemán, aínda que queda pouca evidencia.
- Os francos conquistaron o norte da Galia, así como o sur do Loira; a fronteira lingüística estableceuse logo aproximadamente ao longo do curso do Mosa e o Mosela, con francofalantes francos máis ao oeste, que foron romanizados.
Coa vitoria de Carlomagno sobre os lombardos en 776, toda a xente que falaba alto alemán fora incorporada ao Imperio Franco. Os saxóns e os frisóns tamén foron dominados por Carlomagno, co que todos os falantes de xermánico occidental do continente quedaron baixo o goberno dos francos. Con todo, xa que a linguaxe da administración e da igrexa era o latín, está unificación non levou a ningún desenvolvemento de variedade suprarrexional ningunha do alemán ata que naceu o alto alemán recente.
Textos
[editar | editar a fonte]A fase temperá do período rexistrou unha considerábel actividade misioneira, e para o 800, todo o Imperio Franco fora cristianizado en principio. Todos os manuscritos que conteñen textos en antigo alto alemán foron escritos por escribas eclesiásticos, cuxa principal tarefa era escribir en latín máis que en alemán. Consecuentemente, a maioría dos textos en antigo alto alemán eran de natureza relixiosa e mostraban unha forte influencia do latín eclesiástico no vocabulario. De feito, a maioría dos textos en prosa sobreviventes son traducións de orixinais en latín. Mesmo traballos seculares, tales como o Hildebrandslied, preserváronse xeralmente porque foron escritos en follas sobrantes de códices relixiosos. Dise xeralmente que o texto en antigo alto alemán máis antigo é o Códice Abrogans, un glosario latín - antigo alto alemán datado entre 750 e o 780, probabelmente de Reichenau. Os Encantamentos de Merseburg do século VIII son os únicos vestixios da literatura xermana precristiá. Os textos máis temperáns non dependentes de orixinais en latín parecen ser o Hildebrandslied e a Pregaria de Wessobrunn, ambos escritos en manuscritos de principios do século IX, aínda que se asume que os textos se derivaban de copias anteriores. O bávaro Muspilli é o único sobrevivente do que debeu ser unha vasta tradición oral. Outros traballos importantes son os Evangelienbuch de Otfried von Weissenburg, o curto pero espléndido Ludwigslied e o Georgslied do século IX. A fronteira co alto alemán medio temperán (desde aprox. 1050) non está clara. O exemplo máis impresionante de literatura en alto alemán medio temperán é o Annolied.
Exemplos de textos
[editar | editar a fonte]O Nosopai en tres dialectos do antigo alto alemán. Debido a que estas son traducións dun texto litúrxico, é mellor non consideralas como exemplos da linguaxe idiomático, pero mostran claramente a variación dialectal.
Alemánico, século VIII | Franco do Sur do Rin, século IX | Franco do leste, c. 830 | Bávaro, inicios do século IX |
---|---|---|---|
O Paternoster de St Gall | Catequese de Weissenburg | Taciano en antigo alto alemán | O Paternoster de Freising |
Fater unser, thu bist in himile |
Fater unser, thu in himilom bist, |
Fater unser, thu thar bist in himile |
Fater unser, du pist in himilum. |
Fonte: Braune/Ebbinghaus, Althochdeutsches Lesebuch, 15ª edn (Niemeyer, 1969)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fausto Cercignani, The Consonants of German: Synchrony and Diachrony, Milán, Cisalpino, 1979.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Althochdeutches Lesebuch, ed. W.Braune, K.Helm, E.A.Ebbinghaus, 17.ª ed., Tubinga, 1994. ISBN 3-484-10707-3
- J. Knight Bostock, A Handbook on Old High German Literature, 2.ª ed., revisada por K.C.King e D.R.McLintock, Oxford, 1976. ISBN 0-19-815392-9
- Fausto Cercignani, The Consonants of German: Synchrony and Diachrony, Milano, Cisalpino, 1979. ISBN 8-820-50185-6
- R. E. Keller, The German Language, Londres, 1978. ISBN 0-571-11159-9
- Lexikon der Germanistischen Linguistik, ed. Hans Peter Althaus, Helmut Henne, Herbert Ernst Weigand, 2.ª ed. revisada, Tubinga, 1980. ISBN 3-484-10396-5
- S. Sonderegger, Althochdeutsche Sprache und Literatur, de Gruyter 1974 ISBN 3-11-004559-1
- C. J. Wells, German. A Linguistic History to 1945, Oxford, 1987. ISBN 0-19-815809-2
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista cronolóxica dos principais textos en antigo alto alemán
- [1]
- Unha breve colección de antigo alto alemán
- Althochdeutsche Texte im Internet (8.–10. Jahrhundert) - Ligazóns a un rango de textos en liña.
- Althochdeutsches Wörterbuch des 8. Jh. - Dicionario de antigo alto alemán, baseado nos textos do século VIII.
- LiTLiNks: althochdeutche Texte - Lista de textos en antigo alto alemán con ligazóns a versións en liña.
- Introdución á Historia da Lingua Alemá (en castelán)