Saltar ao contido

Balder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balder
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
 Parte de
 Semellante a
Biografía
 Circunstancias morte
 Asasinado por
 Sexo
Actividade
 Residencia
 Membro de
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Fillo/a
Códigos e identificadores
VIAF42631266 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/019z6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Na mitoloxía nórdica, Balder (tamén Baldr ou Baldur) era o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz. Era o segundo fillo de Odín e Frigg, casou con Nanna e con ela tivo a Forseti. Balder coñécese sobre todo polo mito que arrodea á súa morte.

Cando naceu Balder, a súa mai Frigg, temerosa pola seguridade do seu fillo, fixo xurar a todos os animais e plantas, ao lume, á auga e a todos os metais que non danarían o seu fillo. Aínda así, a Balder advertíuselle da súa propia morte por medio de soños, pero non foi quen de descifralos. Por este motivo, o seu pai Odín, montado no seu cabalo Sleipnir, baixou a Hel, e Garm interpúxose. Porén, Odín conseguiu evitalo e chegou onda á porta do poñente, dixo unhas palabras máxicas para espertar a Hela, e pese ás súas queixas, Odín obrigouna a descifrar o soño de seu fillo. Malia iso, Hela empregou palabras escuras.

Balder, créndose invulnerable a todo, ideou un xogo no que os deuses debían guindar, sobre el, cantos obxectos daniños quixeran, sabendo que nada lle podían facer. Loki, coa forma dunha velliña, conseguiu saber que Frigg, considerando ao visgo demasiado novo, eximiuno do xuramento. Loki deulle unha póla de visgo ao irmán cego de Balder, Höder, para que participara no xogo e lla guindara. Cando lla botou, Balder caeu morto, o resto dos deuses quedaron mudos, sen poder vingarse por ser o lugar sagrado. Os deuses colleron o cadáver e levárono ao mar, e na súa nave fixeron a pira.

A morte de Balder é un tema recorrente nas tradicións escandinavas e a orixe mítica do funeral viquingo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.