Mímisbrunnr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Odín bebe do Mímisbrunnr (1903) obra de Robert Engels.
"Odin at the Brook Mimir" (1893) de John Angell James Brindley

Na mitoloxía nórdica, Mímisbrunnr (Antigo nórdico "Manancial de Mímir"[1]) é un pozo relacionado con deus Mímir, situado baixo a árbore do mundo Yggdrasil. Mímisbrunnr aparece atestado na Edda poética, unha compilación do século XIII baseada en fontes tradicionais, e a Edda prosaica, escrita no século XIII por Snorri Sturluson. Ambas fontes relatan que o deus Odín deixou un dos seus ollos na fonte. A Edda prosaica detalla que o pozo está localizado baixo as tres raíces da árbore do mundo Yggdrasil, unha raíz que pasa pola terra xeada dos xigantes, onde o plano primordial de Ginnungagap existiu unha vez. Ademais, a Edda prosaica relata que a auga do pozo contén moita sabedoría, e que o sacrificio de Odín foi en troques dunha copa daquela auga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simek (2007:216).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]