Saltar ao contido

Iðunn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iðunn

Tipodeidade nórdica Editar o valor en Wikidata
Parte demitoloxía nórdica e Ásynjur Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiÓðr e Ivaldi Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBragi Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Iðunn era, na mitoloxía nórdica, unha das deusas. De acordo coa Edda prosaica era a gardiá das mazás que permitían aos Æsir manterse eternamente mozos. Era a esposa de Bragi, deus da poesía. Ás veces chámaselle tamén Idun, Iduna, Idunna, Idunn, Ithun ou Ithunn.

Iðunn e o seu esposo Bragi.

Como é relatado en Haustlöng, Iðunn foi unha vez abducida coas súas mazás polo Jotun Þjazi, que usou a Loki como vítima para atraer a Iðunn fóra de Asgard. Durante a súa ausencia, os Æsir comezaron a envellecer sen a calidade rexuvenecedora das súas mazás, provocando que presionaran a Loki para que a rescatara. Tomando prestada a pel de falcón de Freia, recuperou a Iðunn de Þrymheim, transformándoa nunha noz para o voo de regreso. Þjazi, enfadado, perseguiunos na forma dunha aguia, pero foi derrotado cando as súas ás arderon por unha fogueira creada polos Æsir.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]