Bragi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bragi cun arpa

Bragi é unha deidade do panteón nórdico, fillo de Odín e a xigante Gunnlod (ou de Odín e Frigg segundo outras versións). É o deus da poesía e os bardos, era o poeta persoal de Odín e tamén era un dos Ases máis sabios; foi o primeiro que soubo versificar e o que mellor o fixo. Dende entón, ás persoas que sobresaían na arte da poesía, alcumábaselles Bragi. Tamén é coñecido como o deus da barba oblicua.

Bragi é o encargado no Valhalla de entregar a copa de benvida aos recén chegados e de acollelos con palabras corteses, ademais el ameniza o Valhalla recitando versos.

É o esposo de Iðunn, unha das deusas máis importantes do panteón nórdico, pois posúe as mazás da mocidade, que son de grande importancia para Asgard, xa que os Ases deben tomar este froito para non envellecer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]