Heiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un heiti (antigo nórdico e islandés moderno heiti pl. heiti), "nome, apelativo, designación, termo",[1] é un sinónimo empregado na poesía escáldica que substitúe a unha verba normal. Por exemplo, os poetas nórdicos deberían usar jór ("corcel") no canto do prosaico hestr ("cabalo").

Heiti e kenning[editar | editar a fonte]

No senso moderno, os heiti distínguense dos kenning en que heiti só implica unha palabra simple, mentres que o kenning é un adorno de palabras para compoñer a forma da frase u a palabra composta; polo tanto mækir é un heiti para "espada" (a palabra usual en prosa é sverð), mentres que gran hlífar ou "amargura do escudo" e ben-fúrr ou "lume ferido" son kennings para "espada".

Porén, o escaldo Snorri Sturluson, escritor e poeta islandés do século XIII, entendeu o heiti nun senso máis amplo que mesmo puido incluír kennings. Snorri usaba palabras sinxelas, poesía e ókend heiti ("termos incualificables") e estes distinguíaos das circunlocucións, kend heiti ("termos cualificados"), é dicir kennings.[2]

Tipos de heiti[editar | editar a fonte]

Algunhas palabras heiti non se atopan fóra dun verso, por exemplo firar, un dos numerosos sinónimos para menn ("homes, xentes"). Outros son comúns en prosa usados polos poetas baixo un senso especializado, como salt para dicir sjár ("mar").

Os heiti tiveron diversas orixes. Algunhas eran palabras arcaicas: jór "steed", outras eran palabras emprestadas: sinjór ("señor" do latín senior, probablemente derivado do francés antigo seignor). Empregábanse bastantes tipos de sinécdoques e metonimias: barð ("parte da proa dun barco") para un "barco" en todo o seu conxunto; gotnar ("godos") para "homes" ou "xentes" en xeral; targa (un tipo de escudo), para "escudo" en xeral; stál ("aceiro") para "armas, guerra". Algúns poucos heiti usábanse metaforicamente: hríð ("treboada") para o "atacar, (comezo da) batalla". Outros eran nomes propios: Hrotti, Laufi, Mistilteinn e Tyrfingr que eran espadas propiedade de heroes lendarios. Tamén houbo heiti para individuos específicos, especialmente deuses (como Grímnir, Fjölnir, Viðrir e moitos máis para Odín).

Houbo unha gran cantidade de heiti para certos conceptos que os poetas usaban acotío, como "home", "muller", "xefe", e termos para o armamento. Os nomes dos sækonungar ("reis do mar") que foron caudillos piratas de lenda, constitúen outra ampla categoría. Destes formáronse kennings para "mar" e "barco", como Rakna bifgrund ("Terra sacudida de Rakni") para o "mar" ou Þvinnils dýr ("Besta de Thvinnil") para o "barco".

Paralelismos[editar | editar a fonte]

De forma análoga, e nalgúns casos de termos cognitivos, atópanse en formas tradicionais da poesía xermánica, por exemplo inglés antigo guma, secg : antigo nórdico gumi, seggr ("home"); inglés antigo heoru, mēce : antigo nórdico hjörr, mækir ("espada"). Moitos outras linguas, antigas e modernas, tiveron un vocabulario específico poético máis ou menos extraído da retórica diaria, a miúdo derivada en formas similares dos heiti do nórdico antigo.

Rei do mar[editar | editar a fonte]

Segundo Nafnaþulur, Heiti era un caudillo viquingo e rei do mar.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faulkes, Anthony (1998 b). Edda: Skáldskaparmál: 2. Glossary and Index of Names. Viking Society for Northern Research. p. 306
  2. Faulkes, Anthony (1998 a). Edda: Skáldskaparmál: 1. Introduction, Text and Notes. Viking Society for Northern Research. p. XXXIV
  3. Names of Sea-Kings ("Heiti Sækonunga") by Björn Sigfússon in Modern Philology, Vol. 32, No. 2 (Nov., 1934), pp. 125-142

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]