Blót

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Dísablót, de August Malmström.

Un blót (antigo nórdico) era un sacrificio do paganismo nórdico ós deuses e os espíritos da terra. O sacrificio moitas veces tiña a forma dunha comida ou festa sacramental. Prácticas relacionadas foron realizadas por outros pobos xermánicos, como os pagáns anglosaxóns. O elemento de blót do sacrifico dun cabalo é atopado nas tradicións indoeuropeas, incluíndo as tradicións indias, celtas, e latinas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Crese que o nome deriva da acción de sacrificar, que era chamada blóta en antigo nórdico, blŏtan en gótico, blōtan en inglés antigo e blŏzan ou pluozan en antigo alto alemán.[1] O significado máis antigo da palabra parece ser "convocar con encantamentos" o filólogo noruegués Sophus Bugge suxeriu en 1879 que estaría relacionado coa palabra latina "flamen" (derivada dunha máis antiga, *flădmen).[1] Ámbalas dúas poderían ter a súa orixe na palabra protoindoeuropea *bhlād(s)men.[2]

O nome desta actividade pode que dese lugar ás palabras inglesas [to] bless ("bendicir") de *bloþisojan ("marcar con sangue"), ou blood, palabra que deriva do protoxermánico *blodam ("sangue").

Notas[editar | editar a fonte]