Geri e Freki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O deus Odín no trono rodeado polos lobos Geri e Freki e os corvos Hugin e Munin nunha ilustradción de 1882 de Carl Emil Doepler.

Geri e Freki son na mitoloxía nórdica os dous lobos que acompañan ao deus Odín e figuran na Edda poética, na Edda prosaica —ámbalas dúas escritas e compiladas no século xiii por Snorri Sturluson—, así como na poesía escáldica.[1] Ámbolos dous personaxes foron comparados con outras figuras da mitoloxía grega, romana e védica; tamén foron asociados coas crenzas en torno ao mito xermánico dos «lobos guerreiros» ou Úlfheðinn, tamén coñecidos como berserker.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

De forma xeral, o significado dos nomes Geri e Freki en nórdico antigo, interpretouse como «voraz» ou «codicioso».[3] O nome Geri pode ter a súa orixe no adxectivo protoxermánico geraz, relacionado co burgundio girs, o nórdico antigo gerr e o alto alemán antigo ger ou giri; en todos estes idiomas o significado é o de «codicioso».[4] Para Bruce Lincoln, a orixe do nome atópase na raíz protoindoeuropea gher-, cuxa orixe é similar ao de Garm, nome do can que custodia o reino de Hela e que está intimamente relacionado cos eventos do Ragnarök.[5] Freki pode remontarse ao adxectivo protoxermánico frekaz, ligado co gótico faihu-friks, o frec anglosaxón e o alto alemán antigo freh; o significado de todos pode ser «ambicioso», «avarento», «desexoso», «codicioso», «larpeiro» e «audaz». John Lindow interpretou os dous nomes como adxectivos nominalizados do nórdico antigo.[6]

Referencias[editar | editar a fonte]

No poema Grímnismál da Edda Poética, Odín —disfrazado de Grímnir—proporciónalle ao mozo Agnarr Geirröðsson os mundos nórdicos, sobre Yggdrasil e sobre os compañeiros do propio. Nunha sección, Agnarr di que Odín alimenta a Geri e Freki cando o deus consome un tipo de viño específico.

Orixinal Tradución de Benjamin Thorpe Tradución de Henry Adams Bellows Tradución en galego

Gera ok Freka seðr gunntamiðr

hróðigr Herjaföður;

en við vín eitt vápngöfugr

Óðinn æ lifir.[7]

Geri and Freki the war-wont sates,

the triumphant sire of hosts;

but on wine only the famed in arms,

Odin, ever lives[8]

Freki and Geri does Heerfather feed,

The far-famed fighter of old:

But on wine alone does the weapon-decked god,

Othin, forever live.[9]

O acostumado às batalhas, o triunfante

senhor de exércitos, sacia Geri e Freki,

Mais el, o famoso nas armas, Odin,

Vive apenas de viño.

Alúdese tamén aos lobos a través do kenning Os cans de Vinðrir, no verso 13 da Helgakviða Hundingsbana I,[10] onde se informa que eles andan no campo "ávidos dos corpos daqueles que caeran no campo de batalla"

Orixinal Tradución de Benjamin Thorpe Tradución de Henry Adams Bellows Tradución en galego

Fara hildingar

hiorstefno til

þeirrar er la/gdo

at Logafiollom;

sleit Froþa friþ

fianda a milli,

fara Viþriss grey

valgiorn vm ey[11]

The warriors went to the trysting place of swords,

which they had appointed at Logafiöll.

Broken was Frodi's peace between the foes:

Vidrir’s hounds went about the isle slaughter-greedy[12]

The warriors forth to the battle went,

The field they chose at Logafjoll;

Frothi's peace midst foes they broke,

Through the isle went hungrily Vithrir's hounds.[13]

Os guerreiros marcharon ao campo de batalla

que escolleran en Logafiöll.

A paz de Frodi entre os rivais foi quebrada:

os cans de Vidri chegaran à illa ávidos de sangue

No capítulo 38 do libro Gylfaginning da Edda prosaica, a figura exaltada de Hár explica que Odín entrega, aos seus lobos, toda a comida da mesa. Para o deus, o viño substitúe a bebida e a comida, polo que non a necesita. No capítulo 75 do libro Skáldskaparmál hai unha lista de nomes de huargos e lobos, onde aparecen Geri e Freki.[14]

Na poesía escáldica, Geri e Freki úsanse como nomes comúns para «lobo», especificamente no capítulo 58 do Skáldskaparmál —citados nalgúns traballos de Þjóðólfur úr Hvini e Egill Skallagrímsson—. Geri utilízase como sinónimo de lobo no capítulo 64 do Hattatal.[15][16] No capítulo 58 do Skáldskaparmál, Geri é empregado en kennings para «sangue», e para «carroña» no capítulo 60 do mesmo texto. Ditas acepcións aparecen nas obras As cervexas de Geri e Pedazo de Geri, escritas polos escaldos Þórðr Sjáreksson e Einarr Skúlason respectivamente.[17] Freki forma parte dun kenning para «carroña» no capítulo 58 do Skáldskaparmál.[18]

Teorías[editar | editar a fonte]

Placa de bronce da Era de Vendel en Öland, Suecia. Nela represéntase un guerreiro cuberto cunha pel de lobo e una espada acompañado dunha figura danzante.

O nome Freki tamén se aplica ao lobo Fenrir no poema Völuspá, dentro da Edda poética. O folclorista John Lindow viu isto como unha ironía, xa que segundo a mitoloxía nórdica Fenrir mataría e devoraría a Odín durante o Ragnarok.[19] O historiador Michael Spiedel relacionou a Geri e Freki con restos arqueolóxicos que representan figuras vestidas con peles de lobos, e frecuentemente atopados xunto a nomes relacionados con «lobo» entre os pobos xermánicos, incluíndo: Wulfhroc, Wolfhetan, Isangrim, Scrutolf, Wolfgang, Wolfdregil e Vulfolaic. Tamén poden estar ligados aos mitos sobre guerreiros-lobos da mitoloxía nórdica, como os berserker. Spiedel cre que isto apunta ao culto pan-xermánico dos guerreiros lobos, relacionado con Odín, e que diminuíu logo da cristianización.[20]

Crese, tamén, que os lobos poderían ser deidades das relixións protoindoeuropeas. O especialista Jacob Grimm atopou unha suposta conexión entre Odin e o deus grego Apolo, para quen os lobos e os corvos eran sagrados.[21] O filólogo Maurice Bloomfield relacionou a Geri e Freki cos dous cans de Iama pertencentes á mitoloxía védica temperá, que se interpretearon como unha adaptación xermánica do grego Cerberus.[22] Michael Spiedel comentou a conexión entre os lobos e as figuras dun gran poderío: "Por iso Geri e Freki, os lobos que están ao lado de Odin, tamén estaban a carón dos tronos dos reis anglosaxóns. Os lobos guerreiros como Geri e Freki non eran simples animais, senón seres míticos; como compañeiros de Odin, eles forman parte do seu poder, e el fíxoos lobos guerreiros".[23]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simek (2007), pp. 90-106
  2. San José Beltrán ( 2015), p. 328
  3. Lindow (2001), pp. 120, 139
  4. Orel (2003), p. 132
  5. Lincoln (1991), p. 99
  6. Lindow (2001) pp. 120, 139
  7. "Grimnismal 16-20". voluspa.org (en inglés e nórdico antigo). 2008. Consultado o 21-8-2020. 
  8. Thorpe (1907), p. 21
  9. Bellows (1923), p. 92
  10. Lincoln ve esa actividade como a razón que explica os adxectivos "voraces" ou "gulosos". Ver Lincoln (1991), p. 99.
  11. "Helgakviða Hundingsbana hin fyrri". etext.old.no (en nórdico antigo). (nº 13). Consultado o 21-8-2020. 
  12. Thorpe (1907), p. 138
  13. Bellows (1936), pp. 295-296
  14. Sturluson-Faulkes (1995), p. 64
  15. Sturluson-Faulkes (1995), p. 135
  16. Sturluson-Faulkes (1995), p. 204
  17. Sturluson-Faulkes (1995), pp. 136, 138
  18. Sturluson-Faulkes (1995), p. 136
  19. Lindow (2001), p. 120
  20. Spiedel (2004), p. 24-28
  21. Grimm (1882), p. 147
  22. Bloomfield menciona, tamén, outra parella nórdica nesa conexión: Geri "Greedy" e Gifr "Violent" son dous cans que custodian á xovenca Menglöð no Fjölsvinnsmál. Véxase Bloomfeld (1908), pp. (316–318)
  23. Spiedel (2004), pp. 24-28

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bellows, Henry Adams (1923). The Poetic Edda (en inglés). American-Scandinavian Foundation. 
  • Bellows, Henry Adams (1936). The Poetic Edda (en inglés). Princeton: Princeton University Press. 
  • Grimm, Jacob (1882). Teutonic Mythology (en inglés) I. tradución da cuarta edición por James Steven Stallybrass. Londres: George Bell & Sons. 
  • Lincoln, Bruce (1991). Death, War, and Sacrifice: Studies in Ideology and Practice (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-48199-9. 
  • Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0. 
  • Orel, Vladimir (2003). A Handbook of Germanic Etymology (en inglés). Leiden: Brill. ISBN 90-04-12875-1. 
  • San José Beltrán, Laia (2015). Quienes fueron realmente los vikingos (en castelán). Quarentena. ISBN 978-84-16229-16-1. 
  • Simek, Rudolf (2007). Dictionary of Northern Mythology (en inglés). (tradución de Angela Hall). Woodbridge, Suffolk, (Gran Bretaña): D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1. 
  • Spiedel, Michael (2004). Ancient Germanic Warriors: Warrior Styles from Trajan's Column to Icelandic Sagas. Londres: Routledge. ISBN 0-415-31199-3. 
  • Sturluson, Snorri (1995). Faulkes, Anthony, ed. Edda (en inglés). Londres: Everyman Paperbacks. ISBN 978-0460876162. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]