Fenrir
| Fenrir | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Venerado por
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Circunstancias morte
| |||||||
|
Asasinado por
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
Fenrir, tamén chamado Fenris é un lobo monstruoso da mitoloxía nórdica, irmán da serpe Jörmungandr e da deusa Hela. Fillo do deus Loki e a xigante Angur. Vivía cos Æsir e tan só Týr se atrevía a alimentalo. Os deuses, vendo como día a día medraba e se facía máis temíbel, tentaron encadealo con diversas cadeas (coma Loeding e Drómi) que a besta rompía sen dificultade.
Odín ordenou ós gnomos que fabricasen unha cadea irrompíbel. Estes forxaron a Gleipnir. Fenrir dixo que só se deixaría encadear con Gleipnir se, coma garantía, un dos deuses puña unha man entre as súas fauces. Só Týr tivo valor para facelo. Pero cando o lobo se viu atrapado e incapaz de rachar a Gleipnir arrancou dunha trabadela a man de Týr.
Entón os Æsir colleron o extremo da cadea e asegurárona a unha gran rocha do fondo da terra chamada Þviti e cravaron unha espada ata o mango atraveso da boca de Fenrir. Así permanecerá o lobo berrando e botando escuma pola boca (coa que se forma o río Vón) ata o Ragnarök, momento no que se soltará das súas ataduras e matará a Odín, sendo a continuación matado polo fillo deste, Víðarr.
