Snorri Sturluson
Snorri Sturluson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1179 |
Hvammur, Dalasýsla, Islandia | |
Falecemento | 23 de setembro de 1241 (62 anos) |
Reykjaholt, Islandia | |
Nacionalidade | Islandia |
Ocupación | escritor, Escaldo, historiador, político, diplomático e poeta |
Pai | Sturla Þórðarson (elder) |
Cónxuxe | Hallveig Ormsdóttir |
Fillos | Órækja Snorrason, Þórdís Snorradóttir, Jón murtur Snorrason e Hallbera Snorradóttir |
Irmáns | Sighvatr Sturluson |
Xéneros | Poesía |
Coñecido/a por | Edda prosaica e Heimskringla |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Snorri Sturloson, nado en Hvamm contra o ano 1179 e finado en Reykjaholt o 23 de setembro de 1241, foi un xurista, poeta, historiador e escritor islandés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun caudillo local, chamado Sturla Zórdarson,Snorri Sturloson casou aos vinte anos cunha muller adiñeirada, anos despois separouse, deixándolle dous fillos. Aos 35 anos foi elixido xefe da Allthing ou Asemblea Lexislativa de Islandia. No ano 1218 viaxou a Noruega. Na corte do rei Hákon recibiu o título de "lenderman" ou barón. Snorri comprometeuse co rei noruegués a que os islandeses aceptasen a dependencia de Noruega. Ao regresar a Islandia, enviou a un dos seus fillos a Noruega en calidade de refén. Debido a estas circunstancias foi declarado traidor de Islandia. E posteriormente en Noruega foi declarado traidor por non ter cumprido a súa promesa de anexión.
No ano 1224 contraeu matrimonio por segunda vez, o que o converteu no home máis rico de Islandia. Trala guerra civil en Islandia, Snorri foi asasinado por Gizur Thorvaldsson, enviado por Hákon.
Obra[editar | editar a fonte]
De gran erudición, coñecía ben a poesía, historia e mitoloxía nórdica. Foi o autor da Saga de Egil Skallagrimson e a Heimskringla (ou Crónica dos reis de Noruega) e a famosa Edda prosaica, un manual para poetas onde figura o Gylfaginning ou Alucinación de Gylfi, unha cosmogonía da mitoloxía nórdica. Snorri é considerado un dos grandes literatos da Islandia medieval.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuscritos medievais islandeses, Universidade de Islandia.
- Snorri Sturluson, artigo de Jónas Kristjánsson en snorrastofa.is.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Snorri Sturluson |