Saltar ao contido

Skathi (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skathi
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
S/2000 S 8 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,27 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital152,6 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital−728,2 DD Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior15.641.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro8 km Editar o valor en Wikidata
Masa310 Pg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,06 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
23 de setembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/02t08p Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Skathi ou Saturno XXVII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett Gladman, Kavelaars, e o seu equipo no ano 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 8.[1][2] Skathi ten uns 6,4 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 15,576 millóns de kms en 725,784 días, ten un movemento retrogrado, cunha inclinación orbital de 149° respecto da eclíptica (150° respecto do ecuador de Saturno) e unha excentricidade orbital de 0,246.

O nome que recibe pola meirande parte das fontes é Skadi. Este foi o nome orixinalmente anunciado no ano 2003[3]; pero o grupo de traballo para a Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI (WGPSN) decidiría máis tarde (no 2005) usar unha transliteración alternativa da pronunciación do termo nórdico[4]. A pronunciación clásica é Skaði, coa letra Ð (eth), e a forma orixinal do termo era unha aproximación gráfica a Skadi. O nome procede da mitoloxía nórdica, onde Skaði era unha jotum (xigante), muller do deus vanir (grupo de deuses), Niord.

Skathi podería terse formado a partir de cascallos resultantes dos impactos de meteoritos sobre Phoebe nalgún momento do pasado remoto da historia do Sistema Solar.

  1. IAUC 7538: S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 Arquivado 28 de abril de 2006 en Wayback Machine. 7 de decembro do 2000 (descubrimento)
  2. MPEC 2000-Y15: S/2000 S 1, S/2000 S 2, S/2000 S 7, S/2000 S 8, S/2000 S 9 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. 8 de agosto do 2003 (bautizo da lúa)
  4. IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizo da lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]