Os números na mitoloxía nórdica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os números tres e nove son especialmente significantes na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico. Ámbolos dous números (así como os seus múltiplos) aparecen en numerosas fontes do paganismo nórdico na práctica do seu culto.[1]

Mentres que o número tres é moi significante en numerosas culturas, na mitoloxía nórdica ten especial relevancia o número nove. Xunto co número vinte sete, os dous números tamén figuran no calendario xermánico.[1]

Números[editar | editar a fonte]

Tres[editar | editar a fonte]

Artefactos, personaxes, feitos e deidades relacionados co número tres:

  • Tres son os deuses Odín, Thor e Frey que aparecen como unha unidade trinitaria, sobre todo durante a Era viquinga. As tres deidades aparecen en testemuños arqueolóxicos como a pedra rúnica G 181 de Gotland.[2] Tres estatuas de Odín, Thor e Frey compartían espazo no Templo de Uppsala.[3]
  • Tres son as razas de jotuns: xigantes da montaña, xigantes de xeo e xigantes de lume.
  • Tres son os primeiros seres do universo: a vaca Auðumbla, Ymir o primeiro xigante, e Buri o primeiro deus e avó de Odín.
  • Durante tres días Auðumbla lambeu o xeo de Ginnungagap ata que Búri foi ceibado.
  • Tres descendentes directos tivo Ymir: un varón e unha muller que naceron baixo os seus brazos e un varón de seis cabezas que naceu da unión dos seus pés.
  • Tres son as xeracións de jotuns antes da destrución da súa raza tralo diluvio universal polo verquido do sangue de Ymir, tralo cal o seu neto Bergelmir converteuse en proxenitor dunha nova liñaxe.
  • O corazón do xigante Hrungnir era triangular e feito de rocha.
  • Tres son as Norns: Urðr ("o que ocorreu"), Verðandi ("o que ocorre agora") e Skuld ("o que debería suceder, ou é preciso que ocorra").
  • Bor tivo tres fillos, Odín, Vili e Ve (ou Lóðurr e Hoenir segundo Völuspá); os tres crearon o mundo e deron vida ós primeiros seres humanos.
  • Odín é a deidade suprema que goberna a terceira xeración de deuses, fillo de Bor e neto de Búri.
  • Tres raíces ten Yggdrasil, e tres é a raíz cadrada do número de mundos (nove) que están unidos á árbore. Baixo as tres raíces están tres lugares sagrados, un en cada extremo: o pozo de Urd, o manancial de Mimir emprazado "entre os xigantes do xeo", e Hvergelmir en Niflheim.
  • Odin soportou tres duras probas na súa busca das runas: aforcouse, feriuse cunha lanza e pasou fame e sede.
  • Tres son os tronos que aparecen no fogar dos deuses, segundo Gylfaginning da Edda prosaica, o rei Gylfi conversa coas figuras que alí se sentan Hár, Jafnhár e Þriði.
  • Tres son os descendentes malignos de Loki da súa unión coa jotun Angrboda: o lobo Fenrir, a serpe Jörmungandr e Hel.
  • Tres invernos recios precederán o Ragnarök, sen veráns por medio, é o Fimbulvetr.
  • Tres son os acontecementos previos ó Ragnarök: o nacemento dos tres descendentes de Loki, a morte de Balder (e o consecuente castigo a Loki), e Fimbulvetr.
  • Tres son as sogas máxicas que ataron ó lobo Fenrir: Loeding, Drómi e Gleipnir, das cales só a derradeira logrou mantelo suxeito.
  • Tres ataduras teñen suxeito a Loki, feitas coas entrañas dun dos seus fillos, Narfi, que pasan polos buratos de tres lousas verticais, o primeiro sobre os ombreiros, o segundo sobre o lombo e o terceiro baixo os pés.
  • Tres veces ouvea Garm en Gnipahellir segundo o poema Völuspá (Edda poética, ou se cita tres veces no poema (non se aclara).
  • Tres veces os deuses queiman a Gullveig, e tres veces resucita segundo Völuspá.
  • Tres galos cantan coa chegada do Ragnarök, encabezando o conflito final: Gullinkambi polos deuses, Fjalar polos xigantes e un terceiro sen nome polos mortos.
  • Tres cores ten o arco da vella Bifröst, que ten tres nomes (os outros dous son, Ásbrú e Bilröst).
  • Tres poderes ten Heimdal como gardián do Bifröst: dorme menos que un paxaro, pode ver a cen leguas e pode escoitar medrar a herba.
  • Odín ten tres posesións: A súa lanza Gungnir, o seu anel dourado Draupnir e o seu cabalo Sleipnir.
  • Tres armas ten Thor: o seu martelo Mjolnir, o seu cinto de forza Megingjörð e as luvas de aceiro para manipular o martelo.
  • Tres posesións máxicas ten Frey, o barco Skidbladnir, o seu xabarín Gullinbursti e unha espada coa habilidade de loitar por si mesma que lle regalou Skirnir en troques de cortexar a Gerd.
  • Tres posesións ten Freia, o colar Brisingamen, unha capa que lle permite converterse nun falcón e un carro arrastrado por un par de gatos.
  • Tres apócemas poderosas bebe Thor dun corno na fortaleza de Útgarda-Loki por unha poxa, pero abandonou cando se viu incapaz de baleirar o contido, e tres eran as poxas (que perdeu), as outras dúas eran erguer un gato por unha das patas deixando as outras tres no chan e gañar na loita a unha anciá. Logo decatouse de que o corno contiña todo a auga do mar, o gato era Jörmungandr e a anciá, a personificación da vellez a quen ninguén pode derrotar.
  • Tres golpes de Mjolnir deu Thor ó xigante Skrýmir, que roncaba demais e non deixaba durmir ó deus, pero fallou cada golpe por seiðr.
  • O xigante Hrimthurs, o construtor dos muros de Asgard, prometeu finalizar a súa obra en tres estaciones en troques de tres premios: o Sol, a Lúa e a deusa Freia en matrimonio.
  • Tres días pasou Odín na morada da xiganta Gunnlod para conseguir hidromel da poesía. Tras pasar as tres xornadas, permitiulle beber tres veces, unha de cada vasilla.
  • Os ananos fillos de Ivaldi deron forma tres artefactos marabillosos: Skíðblaðnir o barco de Frey, a lanza Gungnir de Odín e o cabelo dourado de Sif.
  • Os ananos Eitri ye Brokk crearon tres posesións dos deuses: Gullinbursti o xabarín de Frey, Draupnir o anel de Odín e Mjolnir, o martelo de Thor.
  • A deusa Frigg tiña tres serventas Fulla, Gná e Hlín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Simek (2007:232-233).
  2. Encyclopedia of Religion and Ethics, Art and Architecture (Tuetonic), ISBN 1-4212-9732-9
  3. Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 p. 169

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]