Pobo saami
Pobo saami | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | |||||||||
Poboación total: c 163 400 | |||||||||
Rexións principais: | |||||||||
Laponia | 133 400 | ||||||||
Noruega | 37 890[1] | ||||||||
Estados Unidos | 30 000[2] | ||||||||
Suecia | 14 600[3] | ||||||||
Finlandia | 9 350[4] | ||||||||
Rusia | 1 991 (2002)[5] | ||||||||
Ucraína | 136 (2001)[6] | ||||||||
Aspectos culturais | |||||||||
Lingua | Linguas saamis: saami setentrional, saami de Lule, saami de Pite, saami de Ume, saami meridional, saami de Inari, saami de Skolt, saami de Kildin, saami de Ter saami de Akkala (extinta), saami de Kemi (extinta), saami de Kainuu (extinta) Noruegués, sueco, finés, ruso | ||||||||
Relixión | Luteranismo, laestadianismo, igrexa Ortodoxa, xamanismo saami |
O pobo saami[7] é un grupo indíxena fino-úgrico que vive na zona ártica de Laponia, que abrangue partes de Noruega, Suecia, Finlandia, a península de Kola en Rusia, e a beira entre o sur e o centro de Suecia e Noruega. Os saamis son o único pobo de Escandinavia recoñecido e protexido baixo as convencións internacionais dos pobos indíxenas. Tamén son o pobo indíxena máis setentrional de Europa.[8] As terras ancestrais dos saamis teñen unha extensión de 388.350 km², que é aproximadamente o tamaño de Noruega. As súas linguas tradicionais son as linguas saamis, que están clasificadas dentro da familia das linguas urálicas.
Tradicionalmente, o pobo saami desenvolveu diversos tipos de estilo de vida, destacando como pescadores, trampeiros para o comercio de peles ou na cría de ovellas. Porén, son principalmente coñecido pola cría de renos en réxime de seminomadismo. Actualmente, un 10% dos saamis teñen relación coa cría de renos e uns 2.800 está directamente relacionados con esta actividade.[9] Por razóns medioambientais, culturais e políticas, a cría de renos está legalmente reservada aos saamis en certas rexións dos países nórdicos.
Lingua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Linguas saamis.
O pobo saami fala diversas linguas saamis, pertencentes ao grupo ugrofinés da familia das linguas urálicas. Existen nove linguas saamis diferentes, que se falan no norte de Noruega, Suecia e Finlandia, así como na península de Kola, en Rusia. Ás veces considérase que todas as linguas saamis non son máis que dialectos dunha única lingua saami. Se ben as linguas saamis non son próximas a ningunha outra lingua do seu grupo, as súas gramáticas son similares á da lingua finesa, aínda que a sintaxe foi influenciada polas linguas nórdicas, e contan con moitos empréstitos das linguas escandinavas e da lingua rusa.[10][11]
O saami setentrional é a variante máis falada e a súa área repártese entre os tres países nórdicos. Na península de Kola (Rusia) e en Finlandia fálanse variantes orientais, mentres que os dialectos meridionais son falados principalmente no centro de Noruega e no centro-norte de Suecia.[11]
Actualmente a lingua saami é a maior lingua no interior do condado de Finnmark. Se ben case todas as persoas saami son bilingües na súa lingua saami e na lingua do país no que habitan, e a pesar de contaren con literatura propia e seren empregadas en xornais, as linguas saami teñen un uso limitado na educación e na política.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SSB. (ed.). "Statistic Norway". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Baiki (ed.). "The International Sami Journal". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Ethnologue.com (ed.). "Languages of Sweden". Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Parliament (ed.). "Eduskunta — Kirjallinen kysymys 20/2009". Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ "Censo de Rusia de 2002". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ "Censo de Ucraína de 2001". Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saami.
- ↑ F. Norokorpi, Yrjö. UNESCO, ed. "World Heritage and the Arctic". Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ 10,0 10,1 "The Sami" (en inglés). nordnorge.com. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 "Sami language". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo saami |