Jotunheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xigante Skrymir e Thor de Louis Huard

Jotunheim é o mundo dos xigantes (Jotuns) na mitoloxía nórdica. Dende aquí ameazan aos humanos de Midgard e aos deuses de Asgard (dos cales están separados polo río Iving). A cidade principal de Jotunheim é Utgard. Gastropnir, fogar de Menglad, e Thrymheim, fogar de Thiazi, estaban localizadas en Jotunheim, que era gobernado polo rei Thrym. Glæsisvellir era o lugar dentro do Jotunheim onde vivía o xigante Gudmund, pai de Höfund.