Trofeo da Amizade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trofeo da Amizade
Fundación1958
Suprimido1962
RexiónGalicia
Número de equipos2
Club máis exitosoGalicia Deportivo da Coruña (2 títulos)

O Trofeo da Amizade foi un torneo amigable de fútbol disputado entre 1958 e 1962, que enfrontaba o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Era organizado pola Federación Galega de Fútbol.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

O torneo foi creado en 1958 polo Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo en convenio coa Federación Española de Fútbol, para que ditos equipos recadasen diñeiro e saldasen as débedas que tiñan coa Federación Galega.[4][5] En cada edición disputábanse dous partidos, un en Riazor e outro en Balaídos, gañando a copa o equipo con mellor resultado total. Disputáronse tres edicións do torneo, o que supuxo seis novos enfrontamentos da histórica rivalidade entre Celta e Deportivo.

Historial[editar | editar a fonte]

Edición Campión Data Local Resultado Visitante Goles (local) Goles (visitante)
I Trofeo da Amizade Deportivo 31-08-1958[6] Deportivo
3 – 1
Celta

Polo Anotado no 25º minuto 25'
Souto Anotado no 58º minuto 58'
Moll Anotado no 84º minuto 84' (p.)

Braga Anotado no 71º minuto 71'
08-09-1958[7] Celta
2 – 3
Deportivo

Tucho Anotado no 12º minuto 12' Anotado no 15º minuto 15'

Moll Anotado no 31º minuto 31' (p.)
Veloso Anotado no 39º minuto 39'
Polo Anotado no 84º minuto 84'
II Trofeo da Amizade Celta 23-08-1959[8] Deportivo
1 – 2
Celta

Veloso Anotado no 66º minuto 66' (p.)

Rojas Anotado no 57º minuto 57' Anotado no 61º minuto 61'
30-08-1959[9] Celta
1 – 1
Deportivo

Bayo Anotado no 56º minuto 56' (p.)

Veloso Anotado no 61º minuto 61'
III Trofeo da Amizade Deportivo 01-07-1961[10] Deportivo
2 – 1
Celta

Luisín Anotado no 30º minuto 30'
Amancio Anotado no 51º minuto 51'

Posadita Anotado no 17º minuto 17'
15-04-1962[11] Celta
3 – 3
Deportivo

Edmur Anotado no 35º minuto 35'
Pintos Anotado no 55º minuto 55'
Braga Anotado no 57º minuto 57'

Sanjuan Anotado no 7º minuto 7'
Mendonça Anotado no 17º minuto 17'
Manín Anotado no 85º minuto 85'

Palmarés[editar | editar a fonte]

Pos Equipo Títulos Edicións
1 Galicia Deportivo 2 1958, 1961-62
2 Galicia Celta de Vigo 1 1959

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Copa de la Amistad. En Balaídos se enfrentarán Deportivo y Celta en un choque de grandes alicientes". El Pueblo Gallego (en castelán) (11.364). 6 de setembro de 1958. p. 4. Consultado o 5 de abril de 2023. Nota Oficial del Real Club Celta. Se aclara a los señores socios de este Real Club, que el partido CELTA-DEPORTIVO, que se celebrará en el Estadio de Balaídos, el próximo domingo, es organizado por la Federación Gallega de Fútbol 
  2. "Mañana en Balaidos, partido correspondiente al Trofeo de la Amistad". La Noche (en castelán) (11.845). 29 de agosto de 1959. p. 8. Consultado o 5 de abril de 2023. Correspondiente al "II Trofeo de la Amistad" y organizado por la Federación Gallega, se enfrentarán mañana a las cinco y media de la tarde el Celta y el Deportivo de La Coruña 
  3. "Ambiente de interés ante el partido de mañana para el Trofeo Amistad. Celta y Deportivo presentarán sus mejores formaciones en Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán) (13.619). 14 de abril de 1962. p. 8. Consultado o 5 de abril de 2023. Este encuentro está organizado por la Federación Gallega 
  4. "La Federación Gallega gestiona la celebración de un encuentro del club celeste con el Deportivo, en Balaídos". La Noche (en castelán). 18 de agosto de 1962. p. 5. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  5. "La directiva del Coruña sale al paso de informaciones insidiosas". El Progreso (en castelán). 22 de xullo de 1962. p. 6. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  6. "Merecido triunfo del Deportivo sobre el Celta en Riazor (3-1)". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 1958. p. 6. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  7. "El Deportivo de La Coruña se adjudicó el Trofeo de la Amistad". La Noche (en castelán). 8 de setembro de 1958. p. 9. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  8. "El Celta ganó al Deportivo por dos a uno en el primer partido del II Trofeo de la Amistad". La Noche (en castelán). 24 de agosto de 1959. p. 5. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  9. Tourón, Manuel (1 de setembro de 1959). "El Celta se adjudicó el Trofeo de la Amistad". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 11. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  10. "El III Trofeo de la Amistad". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de xullo de 1961. p. 12. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  11. "El árbitro deslució el Celta-Deportivo para la Copa Amistad en Balaídos". El Pueblo Gallego (en castelán). 17 de abril de 1962. p. 7. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]