A Copa Galicia de fútbol sala é unha competición de fútbol sala que se disputa anualmente en Galicia. Está organizada pola Real Federación Galega de Fútbol e a súa primeira edición disputouse en 1990, coincidindo co inicio da División de Honra. No 2007 a competición non se puido disputar por falta de datas no calendario, e ao ano seguinte disputouse durante a parada invernal propiciada polo Mundial do Brasil.