Rafael Louzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rafael Louzán Abal")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rafael Louzán
Rafael Louzán.jpg
Rafael Louzán Abal
Datos persoais
Nacemento 21 de novembro de 1967
Lugar Ribadumia
Organización Partido Popular de Galicia
Profesión Político e funcionario en excedencia

Rafael Louzán Abal, nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967, é un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1995 foi elixido tenente de alcalde do seu concello, onde traballaba de funcionario, tras presentarse ás eleccións municipais dentro das listas do Partido Popular. Ese mesmo ano é elixido deputado da Deputación Provincial de Pontevedra pola comarca do Salnés. Ó ano seguinte asumiu unha das vicepresidencias da institución, e o 12 de xullo de 2003 foi elixido presidente, substituíndo a Manuel Abeledo López.

En 1998 foi elixido secretario de organización do Partido Popular na provincia de Pontevedra e en maio de 2000 pasou a ser presidente provincial, cargo para o que foi reelixido dous anos despois. Dous meses despois logrou un posto no comité executivo galego do partido.

O 19 de decembro de 2014 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol.

Tralas eleccións municipais de 2015 saeú elixido de novo concelleiro en Ribadumia. Deixou a Presidencia da Deputación, ao perder o PP a maioría absoluta nesta cámara[1]. En 2015 foi investigado por un suposto delito de suborno por un xulgado de Cambados. En xaneiro de 2016 anunciou o abandono da presidencia provincial do PP[2].


Predecesor:
Manuel Abeledo López
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da deputación de Pontevedra
 
2003 - 2015
Sucesor:
Carmela Silva Rego

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]