Estudios Mindonienses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estudios Mindonienses
PaísEspaña
Circulación
ISSN0213-4357
editar datos en Wikidata ]

Estudios Mindonienses é o anuario de estudos histórico-teolóxicos da Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol. O seu primeiro volume é do ano 1985. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de vida configurouse como un referente cultural en Galicia. Posúe un fondo documental con máis de 500 cabeceiras de publicacións científicas. Mantén intercambio de publicacións con institucións académicas, universitarias e culturais tanto nacionais como internacionais.[1] A súa sé localízase no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol, sé episcopal na cidade. A publicación estivo dirixida polo teólogo e catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca Segundo Leonardo Pérez López.

Autores[editar | editar a fonte]

Ten publicado artigos de, entre outros, os seguintes autores: Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Nicandro Ares, Edelmiro Bascuas, Enrique Cal Pardo, Carlos de Castro Álvarez, Xosé García Oro, Isidro García Tato, José Gea Escolano, Leonardo Lemos Montanet, José Luis López Sangil, Manuel Lucas Álvarez, Francisco Mayán, José Martinho Montero Santalha, José Luis Novo Cazón, Ramón Otero Pedrayo, Segundo Leonardo Pérez López, Álvaro Porto Dapena, Manuel Jesús Precedo Lafuente, Francisco Puy Muñoz, Enrique Rivera Rouco, José María Rodríguez Díaz, Manuel Sánchez Monge, Mauro Varela, Alfredo Vigo Trasancos, José Villa-amil y Castro e Carlos Villanueva Abelairas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]