Ambrosio de Morales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambrosio de Morales
Las Glorias Nacionales, 1852 "Ambrosio de Morales". (4013182761).jpg
Gravado de Las Glorias Nacionales, 1852.
Nacemento1513
Lugar de nacementoCórdoba
Falecemento21 de setembro de 1591
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónhistoriador e arqueólogo
editar datos en Wikidata ]

Ambrosio de Morales, nado en Córdoba en 1513, e finado ibídem o 21 de setembro de 1591, foi un humanista, historiador e arqueólogo español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Antonio de Morales, médico e catedrático da Universidade de Alcalá, e de Mencia de Oliva.[1][2] Trasladouse coa súa familia a Montilla, e ós poucos anos regrea a Córdoba, onde comeza os seus estudos de Gramática co crego Alejo Montesino, tendo once anos de idade.[3] Cursou os seus estudos na Universidade de Salamanca xunto ó seu tío,[4] o famoso humanista Fernán Pérez de Oliva, que era catedrático e reitor desa Universidade; de feito, corrixiu e editou a obra deste. Morales foi discípulo de Melchor Cano e interesouse pola lingüística, xa que compuxo un Discurso sobre la lengua castellana. En 1531, morto o seu tío, regresou a Córdoba e en 1533 profesou na Orde Jerónima.[5] Foi ordenado sacerdote e ensinou como catedrático de retórica na Universidade de Alcalá dende 1550.

Historiador[editar | editar a fonte]

Cara a 1559 recibiu Morales os primeiros encargos da monarquía. Filipe II designouno en 1572 para realizar unha viaxe de estudo polos reinos de León, Galicia e Asturias, viaxe da que escribiu unha relación, titulada Viage de Ambrosio de Morales por orden del Rey D. Phelippe II a los Reynos de León, y Galicia y Principado de Asturias; no curso desta viaxe foi reunindo reliquias, libros, documentos, obxectos e manuscritos que salvou para as coleccións reais do mosteiro do Escorial. Pero, non contento con iso, persuadiu ó mesmo rei para que ordenase a realización dunhas Relaciones sobre a historia e topografía dos pobos de España baseadas en respostas a uns cuestionarios deseñados por el nos que se solicitaban, entre outros, datos toponímicos, arqueolóxicos, históricos e eclesiásticos. As respostas ou Relaciones, que se conservaron, reuníronse en oito volumes que ofrecen unha auténtica radiografía da España da época, e moitos dos seus datos serviron para as súas obras históricas, así como as informacións que obtivo de colaboradores preparados rigorosamente sobre cuestións históricas e antigüidades, como Juan Fernández Franco, Antonio Agustín, André de Resende ou Jerónimo Zurita. Deste último en particular defendeu os Anales de la Corona de Aragón contra os ataques de Santa Cruz; con ese labor escribiu o seu Apología de los Anales.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os seus pais son nomeados en diversos documentos notariais como Antonio García de Morales e Mencia Rodríguez de Oliva (Cobo Sampedro 1879: p. 4)
  2. Redel 1909: pp. 19-23.
  3. Redel 1909: pp. 43-44.
  4. Redel 1909: pp. 48 i 50.
  5. Redel 1909: pp. 63-64.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]