Saltar ao contido

Cantiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cantiga (ou cántiga, pronunciada popularmente) é o xénero típico da poesía medieval galego-portuguesa, que comprende o período de tempo que vai do século XII ao século XIV, e máis tamén reciben ese nome algunhas composicións poéticas populares.

Cantigas medievais

[editar | editar a fonte]
Cancioneiro Colocci-Brancuti
Artigos principais: Trobadorismo e Lírica galego-portuguesa.

Recompilación

[editar | editar a fonte]

As cantigas galego-portuguesas están recollidas nos chamados cancioneiros, que reunían composicións de varios autores, como o Cancioneiro da Ajuda, o da Biblioteca Nacional de Lisboa ou o da Vaticana. As cantigas relixiosas reúnense principalmente na colectánea Cantigas de Santa María, unha obra dirixida por Afonso X e centradas, como ben indica o título, nos milagres da Virxe María.

Aínda que unha das cantigas máis antigas é a "Cantiga da Ribeiriña" ou "Cantiga da Garvaia", composta por Paio Soares de Taveirós no 1189 ou 1198, hoxe en día[1] considérase que a máis antiga é Ora faz host'o senhor de Navarra de Johan Soarez de Pávia.

Métrica e tipos

[editar | editar a fonte]

Desde o punto de vista métrico, pódense distinguir dous tipos de cantigas:

  • Cantigas de mestría: adoitan ter catro estrofas co seguinte esquema métrico: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb. Carecen de refrán (estribillo). Teñen a súa orixe na poesía dos trobadores provenzais e utilízanse sobre todo nas cantigas de escarnio e nas cantigas de amor.
  • Cantigas de refrán: o seu elemento característico é o estribillo. A orixe é popular. Son frecuentes sobre todo nas cantigas de amigo.

Ámbolos dous tipos de cantigas teñen en común o tipo de verso utilizado (octosílabos ou decasílabos, polo xeral) e mailo uso da rima consoante. Ámbolos dous usan frecuentemente o paralelismo.

Distínguinse cantigas profanas e cantigas relixiosas.

Cantigas profanas

[editar | editar a fonte]

O corpus conservado e coñecido da lírica profana medieval galego-portuguesa está formado por un total de 1.679 cantigas, pertencentes na súa maioría aos tres xéneros maiores:

  • Cantigas de amigo: xénero que agrupa 475 cantigas aproximadamente. Nelas, unha muller xove e namorada fala do seu amigo.
  • Cantigas de amor: son arredor de 725 textos (case a metade do corpus). Dentro das leis do amor cortés (importadas da Provenza), un trobador diríxese á súa dama (a senhor).
  • Cantigas de escarnio e maldicir: a este xénero pertencen aproximadamnte 430 textos. En ambas as dúas o poeta critica ben a un inimigo particular, ben á sociedade no seu conxunto; porén, nas de escarnio, o poeta válese de palabras encubertas, mentres que nas de maldicir expresa os seus vituperios ás craras.

Ademais desta división, hai unha serie de xéneros menores (non pola calidade, senón pola menor cantidade) que tiveron escaso desenvolvemento. Entre todos eles non chegan a 50 cantigas, e dalgúns consérvase un único exemplar. Son a pastorela, o pranto, a tenzón, o lai, o descordo, o sirventés moral, a cantiga de vilãos e a cantiga de seguir.

Cantigas populares

[editar | editar a fonte]
Cantiga da carballeira de San Xusto.

As cantigas populares son composicións poéticas populares de carácter anónimo formadas por estrofas de catro versos octosílabos na que riman os pares e quedan soltos os impares, de temática cotiá. Ramón Cabanillas recompilou cantigas populares e publicounas co título Antífona da cantiga (1951).

  1. Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989 consideran que se compuxo contra 1200

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]