Saltar ao contido

Taifa de Badaxoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTaifa de Badaxoz

Localización
Mapa
 38°53′N 6°58′O / 38.88, -6.97
CapitalBatalyaws (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación1009 Editar o valor en Wikidata
Disolución1151 Editar o valor en Wikidata

A Taifa de Badaxoz (en árabe: طائفة بطليوس) foi unha das distintas taifas da Al-Andalus que xurdiron en dous momentos distintos da historia andalusí, cuxa capital foi a cidade de Badaxoz (en árabe: Baṭalyaws بطليوس). Nun primeiro momento apareceu trala fragmentación do Califato de Córdoba a comezos de século XI, e aparece oficialmente polo 1030 a partir das terras ao redor da cidade de Badaxoz e chegou a ser a máis extensa da Península Ibérica ao ocupar gran parte da actual Estremadura e parte da antiga provincia de Lusitania, ata Lisboa. A taifa sufriu varias conquistas, tanto por parte de rivais musulmáns como por parte de portugueses, casteláns e leoneses.

Houbo varias etapas e, na primeira, o seu primeiro gobernante foi o liberto Sapur, e foi sucedido por membros da dinastía aftásida. Para manter a súa independencia, esta familia aliouse alternativamente cos cristiáns e cos veciños almorábides que remataron por invadila. A mediados do século XII, coa descomposición do poder almorábide, xurdiu outra nova taifa en Badaxoz, que foi sometida polo novo poder almohade. Finalmente desapareceu, absorbida polo Reino de León en 1227.

Primeira taifa

[editar | editar a fonte]

A primeira taifa de Badaxoz creouse no ano 1013, trala desintegración do Califato de Córdoba, polo liberto Sabur (de nome completo Abu Muhámmad Abdallah ben Muhámmad el-Sapur al-Saqlabi) 1013-1022, de etnia eslava e antigo escravo ou cliente de Al-Hakam II.[1] A taifa dominou gran parte da antiga Lusitania e incluía Mérida, Lisboa, Elvas e Marvão.

  • Sabur (1009-1022) foi un escravo (saqaliba) liberto de Almanzor, que se proclamou hayib (chambelán) na Marca Inferior e decidiu exercer o poder dunha forma autónoma con respecto a Córdoba. Unha das súas medidas foi pór a súa capital en Badaxoz. Os seus apoios deberon ser os notables locais, xa que entre eles escolleu como visir a Abd Allah ben Maslama ben al-Aftas, pertencente a unha familia bérber da tribo dos Miknasa chegada cos conquistadores no século VIII, e por tanto moi arabizada. Cando Sabur morreu en 1022, sucedeuno o seu visir, Abdallah ibn al-Aftas, bérber de orixe andalusí, que non respectou a sucesión de Sabur. Os fillos de Sabur fuxiron a Lisboa, onde se fixeron fortes creando a taifa de Lisboa, que caeu ó pouco tempo ó ser reconquistada pola de Badaxoz. Abdallah creou a súa propia dinastía, a dinastía Banu-l-Aftas ou aftasí (aftasíes), sucedéndoo até catro dos seus membros, durante a cal Badaxoz controlou grandes extensións do oeste das actuais España e Portugal.
Lápida de Sabur, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Badaxoz.

Segunda taifa

[editar | editar a fonte]

En 1144 os almorábides son atacados na súa propia terra, Marrocos, e teñen que replegarse. Na zona occidental da Península Ibérica prodúcese a revolta do sufí Abu-l-Qásim ben Husáyn ben Qasi en Mértola. Así mesmo Sidray ibn Wazir sublevouse en Beja e recoñeceu a ben Qasi. En 1145, Sidray conquistou Badaxoz e deixou de recoñecer a en Qasi.[2][3]

  • Sidray ibn Wazir (1145-1146)
  • Muhámmad ben Ali ben al-Hachcham (1146-1150)

Este período remataría coa chegada ó poder dos almohades cando ocuparon a taifa en 1150.

Terceira taifa

[editar | editar a fonte]

Tras a derrota na batalla das Navas de Tolosa (1212), o poder almohade na península viuse moi debilitado e o seu dominio converteuse en puramente teórico, coa proliferación de novas taifas que declararon a súa independencia. Nesta situación, a taifa de Badaxoz, unha vez máis independente, continuou a destacarse como unha das máis importantes, aínda que sen a forza que tiña antes, ata a conquista e anexión do reino por parte de Afonso IX de León, entrando na cidade de Badaxoz en abril de 1230.[4]

Listaxe de emires

[editar | editar a fonte]

Dinastía espurida

[editar | editar a fonte]
  • Abu-Muhàmmad Abd-Al·lah ibn Muhàmmad as-Sapur 1013-1022

Dinastía aftásida

[editar | editar a fonte]
  • Abd-Al·lah ibn Muhàmmad ibn Màslama ibn Abd-Al·lah ibn al-Aftas al-Mansur 1022-1027
  • no emirato de Ixbíliya 1027-1031
  • Abd-Al·lah ibn Muhàmmad ibn Màslama ibn Abd-Al·lah ibn al-Aftas al-Mansur 1031-1045 (segunda vez)
  • Abu-Bakr Muhàmmad al-Mudhàffar 1045-1067
  • Yahya ibn Muhàmmad al-Mansur 1067-1073
  • Úmar ibn Muhàmmad al-Mutawàkkil 1073-1095 (rei de Toledo 1080-1082)
  • dominada polos almorábides 1094-1144

Outros gobernantes

[editar | editar a fonte]
  • Abén Hasham 1144-1145
  • Emir de Al-Gharbia (Algarve) 1145-1146
  • Sidrey 1146-1151
  • dominada polos almohades 1151-1169
  • dominada polo Reino de Portugal 1169-1170
  • dominada polos almohades 1170-1230
  • dominada polo Reino de León 1230
  1. Sobre su origen eslavo
  2. Histoire du Portugal et de son empire colonial (en francés). KARTHALA Editions. ISBN 9782865378449. 
  3. Muzaffar Husain Syed, Syed Saud Akhtar, Babuddin Usmani (ed.). Concise History of Islam (en inglés). Vij Books India Pvt Ltd. ISBN 9789382573470. 
  4. González Rodríguez (1999), pp. 96-99

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]