Arcosolio
Arcosolio (do latín arcus, arco, e solium, sepulcro, sarcófago) é un termo arquitectónico aplicado a un nicho cuberto cunha bóveda en arco que se empezou a usar como lugar de soterramento nas catacumbas.
Historia
[editar | editar a fonte]O arcosolio era unha tumba, de forma abovedada, destinada a personaxes notables como santos e mártires. Nas catacumbas, a parte máis ensanchada ou galería con arcosolios, servía de capela funeraria, a miúdo decoradas con pinturas murais e esculturas. Utilizáronse con frecuencia durante o século III en Roma.
A partir do século XIII vólvese a utilizar este tipo de tumbas, situadas agora nas paredes das igrexas. O nicho no que se introduce o sarcófago ten agora forma de arco oxival e, posteriormente, coa chegada do Renacemento, de medio punto. En canto ao sarcófago, sobre a súa tapa, asdoita colocarse a representación do corpo xacente do defunto; en casos excepcionais, represéntase en posición orante. Nos estilos gótico flamíxero, plateresco, renacentista e manierista o arcosolio decórase con gran profusión de detalles.
Domenico Fancelli recupera esta tipoloxía e como exemplo en España pódese mencionar o monumento funerario que realizou para o cardeal Diego Hurtado de Mendoza y Quiñones, que se atopa na Catedral de Sevilla. Foi realizado en Italia e trasladado e montado por pezas.
Dous dos mellores sepulcros baixo arcosolio españois son os do infante Afonso, irmán de Isabel a Católica, que foi realizado no século XV por Gil de Siloé na Cartuxa de Miraflores (Burgos) e o do Doncel de Sigüenza (Guadalaxara).
Galería
[editar | editar a fonte]-
Bernardo Rossellino: Tumba en arcosolio de Leonardo Bruni.
-
Detalle da tumba de Afonso de Castela na Cartuxa de Miraflores (Burgos).
-
Doncel de Sigüenza. Arcosolio gótico.
-
Catacumba de Marcelino: arcosolio co mito de Orfeo, símbolo de resurrección.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcosolio |