Tierra de Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tierra de Alba
Comarca de Tierra de Alba (Provincia de Zamora, España).svg
CapitalCarbajales de Alba
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaBandera de Zamora.svg Zamora
Concello8

A Tierra de Alba (Terra de Alba) é unha comarca natural e política situada no centro da provincia de Zamora, en España. Está formada por 25 concellos e a súa capital é Carbajales de Alba.

Conta con límites xeográficos marcados na súa maior parte por accidentes naturais, pois áchase bordeada polos ríos Esla polo leste e Douro polo sur. Polo norte limita coa comarca de Tábara e polo oeste con Aliste, formando con estas dúas comarcas a zona de Aliste-Tabara-Alba.

Trátase dunha comarca de gran riqueza natural, pois ten unha variada flora e fauna, grande interese paisaxístico e unha interesante e antiga historia. Tamén é refuxio de innumerables mostras de folclore e tradicións. O seu maior lastre na actualidade é a perda e o envellecemento da súa poboación.

Esta comarca, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus municipios a organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.[1]

Concellos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]