Toro, Zamora
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Zamora | ||||
| Capital | Toro | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 8.369 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 324,86 km² | ||||
| Altitude | 735 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Q5573989 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Tomás del Bien Sánchez (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 49800 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 49219 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | toroayto.es | ||||
Toro (en galego antigo: Touro)[1] é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de ástures e cántabros.
Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".
En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana de Castela que ocupaban a vila.
Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Touro de pedra de orixe vacceo.
- Restos das murallas que protexeron a cidade.
- Teatro Latorre.
- Ponte do século XV.
- Colexiata de Santa María a Maior, do século XII (que á súa vez conta co Pórtico da Maxestade), rómanica e gótica. Na sancristía está o famoso cadro de A mosca, así como un Calvario de marfil único en España e unha custodia de prata que estivo en Londres ata hai poucos anos.
- Igrexas de orixe mudéxar
- Arco do reloxo, do século XVIII. Di unha lenda que na argamasa para a súa construción empregouse viño no canto de auga, pola gran cantidade que se producía e ser máis económico que subilo auga do río Douro.
- Mosteiro de Santa Sofía, edificio gótico-renacentista que acolle unha comunidade de monxas cóengas norbertinas premonstratenses.
- Mosteiro de Sancti Spiritus. Nel se encontra o Beatriz de Portugal, raíña consorte de Castela e León.
- Praza de touros construída en 1828 en madeira. Reinaugurada en xullo de 2010.
- Igrexa de San Xulián dos Cabaleiros.
- Igrexa de Santo Tomás Canturianense.
- Igrexa do Santo Sepulcro.
- Alcázar de Toro.
- Hospital da Cruz.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
| 1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 8.187 | 7.819 | 8.260 | 10.457 | 9.765 | 9.282 | 9.748 |
Política
[editar | editar a fonte]O alcalde dende 1999 é Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toro, Zamora |

