Mombuey
Coordenadas: 42°01′27″N 6°19′44″O / 42.0240748, -6.3289988
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Mombuey é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 38,89 km², cunha poboación de 434 habitantes no ano 2007 (INE), o que lle confería unha densidade poplacional de 10,8 hab/km². O xentilicio dos naturais é palanquinos.
Nome[editar | editar a fonte]
O nome do lugar está consignado na documentación medieval como Montem Bovem, Monte ad Bove, e outros similares.
Situación[editar | editar a fonte]
Mombuey está situado na comarca de La Carballeda, bañada polo río Negro, afluente do Tera (conca do Douro), no noroeste da provincia zamorana, a 25 km ao leste da Puebla de Sanabria, da comarca da Sanbria, da que é, en parte, unha continuación. Dista 80 km da capital provincial, Zamora.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XIII, de nave única. O campanario é románico-gótico.
Festas[editar | editar a fonte]
- Entroido.
- Semana Santa, celebrada tradicionalmente.
- 11 de novembro, festa maior.