Coreses
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela e León | |||
| Provincia | provincia de Zamora | |||
| Capital | Coreses | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.037 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 43,05 km² | |||
| Altitude | 645 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Luis Hernández Martín (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 49530 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 49053 | |||
| Sitio web | coreses.com | |||
Coreses é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Atópase na comarca da Tierra del Pan, a pouco máis de 15 km de Zamora.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Molacillos, Algodre e Villalube, ao sur co río Douro, ao leste con Toro e Fresno de la Ribera, e ao oeste con Zamora e Monfarracinos. Ao sur do termo atópase a devesa de San Pelayo, antigo poboado independente.
Historia
[editar | editar a fonte]Coreses foi fundado na Idade Media con mozárabes procedentes de Coria, dentro dos procesos repobladores emprendidos polos reis leoneses, feito do cal procede o seu nome, que deriva do xentilicio que se daba ás xentes de Coria na época medieval.
O 4 de novembro de 1301, Fernando IV concedeu os dereitos, servizos, tributos e arbitrios da localidade de Coreses a Juan Alfonso de Benavides en agradecemento polos servizos prestados.
Coa creación das actuais provincias en 1833, Coreses quedou integrado na de Zamora, dentro da Rexión de León, a cal, como todas as rexións españolas da época, carecía de competencias administrativas. Tras a constitución de 1978, en 1983 pasou a formar parte de Castela e León.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Os quintos, o 5 e 6 de xaneiro
- Carnaval
- Santa Águeda
- O Maio
- San Isidro
- Nosa Señora da Asunción, patroa da localidade
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coreses |
