Saltar ao contido

Palacios de Sanabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPalacios de Sanabria
Imaxe

Localización
Mapa
 42°03′18″N 6°31′37″O / 42.055, -6.5269444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalPalacios de Sanabria Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación233 (2025) Editar o valor en Wikidata (6,3 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie37,01 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude954 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJesús Fernández Pérez Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49322 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE49143 Editar o valor en Wikidata

Palacios de Sanabria (en leonés: Palacios de Senabria) é un concello e localidade española da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León.[1] Atópase ao noroeste da provincia, na comarca de Seabra.

Durante a Idade Media, Palacios quedou integrado no Reino de León. Os seus monarcas repoboaron a localidade así como o resto de Seabra. Despois da independencia de Portugal do reino leonés en 1143, Palacios sufriu pola súa situación xeográfica os conflitos entre os dous reinos polo control da fronteiro, situación que quedou estabilizada a inicios do século XIII.

Posteriormente, na Idade Moderna, Palacios foi unha das localidades que se integraron na provincia das Terras do Conde de Benavente e dentro desta na receptoría de Seabra. Non obstante, coa división provincial de 1833, Palacios de Sanabria pasou a formar parte da provincia de Zamora e da Rexión de León.

Entre 1840 e 1860, o concello ampliou a súa extensión territorial ao integrar no seu termo as localidades de Vime de Sanabria e Remesal. Non obstante, a súa extensión actual non chegou ata 1965, cando o concello de Otero de Sanabria foi anexionado ao de Palacios.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Tiña en 2024 unha poboación de 230 habitantes agrupados en catro entidades de poboación:

Gráfica de evolución demográfica de Palacios de Sanabria[2] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Na parte alta do concello sitúase a ermida de Santo Cristo, cuxo recinto o forman tres naves e na súa cabeceira destaca un retablo barroco presidido pola imaxe do Crucificado.

Da súa igrexa parroquial, o outro edificio eclesiástico desta localidade, chama especialmente a atención o seu campanario. No seu interior, un retablo de estilo neoclásico preside a estanza.

En Palacios de Sanabria tamén son significativos os pombais, que a diferenza dos de Terra de Campos, foron construídos en escura cachotaría e cubertos de lousa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Palacios de Sanabria Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine. na páxina de El Norte de Castilla.
  2. Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 23 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]