Pedralba de la Pradería
Pedralba de la Pradería | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Comarca | Sanabria | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.024 msnm | ||
Superficie | 105,11 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 222 hab. (INE 2020) | ||
Densidade | 2,11 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 49392 | ||
Alcalde | Francisco Guerra Gómez (Ahora Decide) |
Pedralba de la Pradería é un concello español da comarca de Seabra, no noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Está formado polas localidades de Calabor, Lobeznos, Pedralba de la Pradería, Rihonor de Castilla e Santa Cruz de Abranes. Calabor é a única entidade galegofalante do concello.
Lingua[editar | editar a fonte]
Pedralba de la Pradería é un municipio caracterizado pola súa diversidade lingüística, ao estaren presentes nel tres linguas romances: o castelán, o galego (lingua tradicional da pedanía de Calabor) e o leonés (lingua tradicional das restantes localidades do concello). Así e todo, estas dúas últimas linguas fálanse alí nas súas respectivas variantes seabresas e por iso amosan unha gran semellanza entre si, cunha porcentaxe maioritaria de léxico compartido.
Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]
- Pedralba de la Praderia
- Calabor
- Lobeznos
- Rihonor de Castilla
- Santa Cruz de Abranes