Tierra del Vino
| Tierra del Vino | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
A Tierra del Vino é unha comarca situada no sur da provincia de Zamora (Castela e León, España)
Toma o seu nome da abundancia de viñedos que houbo dende tempos remotos, sendo os seus límites polo norte a cidade de Zamora e a Tierra del Pan, ao leste o Alfoz de Toro e La Guareña, ao sur a terra de La Guareña e a provincia de Salamanca e ao oeste a terra de Sayago.
A capital tradicional da bisbarra é Corrales del Vino, aínda que hoxe en día a localidade máis poboada é Morales del Vino que é a cuarta poboación da provincia de Zamora en número de habitantes.
Esta bisbarra, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus municipios a organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.[1]
Concellos
[editar | editar a fonte]| Concello | Superficie | Habitantes | Anexos[2][3] |
|---|---|---|---|
| Arcenillas | 12,08 km²[4] | 370 | - |
| Casaseca de Campeán | 12,24 km²[5] | 118 | - |
| Casaseca de las Chanas | 12,56 km²[6] | 420 | - |
| Cazurra | 8,39 km²[7] | 80 | - |
| Corrales del Vino | 75,61 km²[8] | 1.077 | Fuente el Carnero e Peleas de Arriba |
| El Cubo de la Tierra del Vino | 34,31 km²[9] | 421 | - |
| Cuelgamures | 14,67 km²[10] | 118 | - |
| Entrala | 10 km²[11] | 158 | - |
| Fuentespreadas | 20,07 km²[12] | 329 | - |
| Gema | 17,85 km²[13] | 252 | - |
| Jambrina | 16,64 km²[14] | 207 | - |
| Madridanos | 32,10 km²[15] | 525 | Bamba |
| Moraleja del Vino | 19,49 km²[16] | 1.577 | - |
| Morales del Vino | 23,68 km²[17] | 2.709 | Pontejos del Vino |
| Peleas de Abajo | 12,01 km²[18] | 268 | - |
| El Perdigón | 51,22 km²[19] | 766 | San Marcial e Tardobispo |
| El Piñero | 19,71 km²[20] | 266 | - |
| Santa Clara de Avedillo | 16,81 km²[21] | 201 | - |
| Sanzoles | 25,66 km²[22] | 600 | Valdemimbre |
| Villalazán | 15,04 km²[23] | 333 | - |
| Villanueva de Campeán | 12,04 km²[24] | 142 | - |
| Villaralbo | 22,05 km²[25] | 1.870 | - |
Denominación de orixe Terra del Vino de Zamora
[editar | editar a fonte]A Tierra del Vino ten denominación de orixe dende o 28 de abril de 2007, data na que entrou en vigor a Orde AYG/782/2007 da Consellaría de Agricultura e Gandaría da Xunta de Castela e León.
O Regulamento da denominación de orixe fixa cales son as variedade admitidas na Terra do viño:
- As principais son a Tempranillo para tinta, e Malvasía, Moscatel de gran miúdo e verdejo para a branca.
- As autorizadas son a Garnacha e a Cabernet Sauvignon para tinta, e a Albillo, a Pombo e a Godello para a branca.
O marco de plantación máis habitual nos viñedos en vaso é de 3 * 3 e nos viñedos en espaleira, de 3 * 1,5. A porcentaxe de viñedo en espaleira é do 17,25% respecto do total rexistrado.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é continental, extremado e árido, con invernos moi fríos e veráns secos e calorosos. As precipitacións son escasas e a súa media anual apenas chega aos 400 mm.
Chans
[editar | editar a fonte]Os seus chans son profundos, pobres en materia orgánica, moi permeables e con boa capacidade de retención. En profundidade son moi arxilosos. En superficie, nas chairas a presenza de area é moi frecuente, nas abas comezan a aparecer as gravas e nos altos predominan os seixos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Art.46 do Estatuto de Autonomía de Castela e León
- ↑ "Cifras del INE sobre población al 01/01/2009". ine.es. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 28/08/2018.
- ↑ "Datos de ayuntamientos de Zamora según la Diputación". diputaciondezamora.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Arcenillas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Casaseca de Campeán" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Casaseca de las Chanas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Cazurra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Corrales del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "El Cubo de la Tierra del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Cuelgamures" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Entrala" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Fuentespreadas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Gema" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Jambrina" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Madridanos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Moraleja del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Morales del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ Peleas de Abajo[Ligazón morta]
- ↑ El Perdigón[Ligazón morta]
- ↑ El Piñero[Ligazón morta]
- ↑ Santa Clara de Avedillo[Ligazón morta]
- ↑ Sanzoles[Ligazón morta]
- ↑ Villalazán[Ligazón morta]
- ↑ Villanueva de Campeán[Ligazón morta]
- ↑ Villaralbo[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arcenillas
- Cazurra Arquivado 04 de xuño de 2002 en Wayback Machine.
- Casaseca de Campeán
- Cuelgamures Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
- Fuentespreadas
- Gema
- Villanueva de Campeán
- Grupo de Acción Local Toro-Guareña-Vino
- Morales del Vino
- Foro de Morales del VinoArquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.