San Justo, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Justo, Zamora
San Xustu
Localización
País España
Provincia Zamora
Comunidade Autónoma Castilla y León
Xeografía
Altitude 1061[1] msnm
Superficie 75.20 km²
Demografía
Poboación 246 (2014)
Densidade 3,43
Xentilicio fanfarriones
Outros datos
Código postal 49358
Alcalde Montserrat Sastre Rionegro (PP)

San Justo (San Xustu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[2]

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. No seu termo municipal encóntranse as localidades de Barrio de Rábano (Barriu de Rábanu en leonés), Coso (Cousu), Rábano de Sanabria (Rábanu de Senabria), San Ciprián, Rozas (Es Rozes) e San Justo.[2]

A construción máis emblemática, non só desta localidade, senón da zona, é o Santuario da Virxe de La Alcobilla, situado nunha paraxe rodeada de máis de 200 castiñeiros centenarios e que segundo os documentos a sitúan entre os 900 e os 1.200 anos de antigüidade. En canto á poboación á que pertence a ermida: hai quen di que se encontra dentro do termo de Rábano de Sanabria e hai quen lla atribúe a San Justo.[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: San Justo, Zamora desde 1991 ata 2014
1991 1996 2001 2004 2014
366 396 341 337 246

Carácter da súa xente[editar | editar a fonte]

As retesías continuadas cos veciños da aldea de Rábano de Sanabria levaron á bondade manifesta dos habitantes de San Justo, cedéndolles as chaves do Santuario da Alcobilla para que os enfrontamentos non chegasen a máis.

Lingua Leonesa[editar | editar a fonte]

San Justo é un dos concellos onde mellor se consérva a lingua leonesa no seu dialecto senabrés ou pachuecu, especialmente na localidade de San Ciprián, cuxo dialecto asturleonés ten sido estudado por moitos lingüistas e filólogos renomeados como F.Krüger e onde aínda conserva certa vitalidade.[4]

Pendón de San Justo.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Mediados de xuño: Corpus Christi
  • 9 e 10 de agosto: Santos Xusto e Pastor.
  • 15 de agosto: A nosa Señora da Asunción
  • 8 de setembro: Romaxe de Nosa Señora da Alcobilla no Santuario da Virxe de La Alcobilla, na que tamén participan os veciños das aldeas lindeiras.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]