Saltar ao contido

Almaraz de Duero

Almaraz de Duero
 Nome oficial
    Almaraz de Duero (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
464 (2001) rexistro civil
457 (2002) rexistro civil
447 (2004) rexistro civil
451 (2005) rexistro civil
439 (2006) rexistro civil
435 (2007) rexistro civil
421 (2008) rexistro civil
424 (2009) rexistro civil
418 (2010) rexistro civil
408 (2011) rexistro civil
405 (2012) rexistro civil
405 (2013) rexistro civil
403 (2014) rexistro civil
398 (2015) rexistro civil
405 (2016) rexistro civil
408 (2017) rexistro civil
402 (2018) rexistro civil
407 (2019) rexistro civil
401 (2020) rexistro civil
407 (2021) rexistro civil
401 (2022) rexistro civil
393 (2023) rexistro civil
397 (2024) rexistro civil
386 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   197 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   210 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   45,61 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   716 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal49180 Editar o valor en Wikidata
Código INE49007 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345786 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z9_nk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX4896015
Wikidata C:Commons

Almaraz de Douro é un municipio da provincia de Zamora, situada a 17 km da capital. Pertence á comarca e mancomunidade de municipios da Terra do Pan.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Alba, do bispado de Zamora. Ten unha poboación de 451 habitantes (INE 2005). O seu termo municipal, de 4.630 hectáreas, linda ao norte con Zamora, ao sur co río Douro e Pereruela de Sayago, ao leste co río Douro e San Román dos Infantes (anexo do municipio de Pereruela de Sayago) e ao oeste con Villaseco del Pan e Muelas del Pan. Os seus habitantes dedícanse á agricultura, a gandaría e o sector servizos, outros traballan na capital aproveitando a proximidade da localidade á capital da provincia. A súa distancia ás poboacións limítrofes é a seguinte: de Villaseco del Pan, 4 km e de Muelas del Pan, 7 km. O núcleo non ten estrada cara a Pereruela de Sayago nin San Román dos Infantes que se atopan a 8 e 4 km respectivamente.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de: Almaraz de Duero desde 2001 ata 2007

2001 2003 2004 2005 2007

464 454 444 451 435

A etimoloxía do nome é árabe, nesta lingua significa labrantíos. Até principios do século XX coñecíase como Almaraz do Pan, igual que o resto de pobos da comarca do Pan. Aparece xa rexistrado en documentos a principios do século XII, e a finais do mesmo recibe uns importantes foros medievais que regulan a vida do lugar de reguengo que posteriormente pasou a ser do bispado de Zamora.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial está dedicada á Transfiguración do Señor ou O Salvador. Construíuse no século XVI sobre unha anterior románica.

O santuario rupestre de San Pelayo está situado xunto ás ruínas dunha antiga ermida do século XV dedicada a san Gregorio Nacianceno e á que se acudía en romaría o día 9 de maio.

Hai unha fonte romana no centro da localidade e antigas minas de estaño repartidas por todo o termo, ademais de varias aceas e construcións de arquitectura pastoril. Neste municipio comezan os Arribes do Douro e é tamén coñecido pola paraxe dos Infernos onde se atopa o Ponte de Joyalada do século XVII. Antigamente a igrexa da localidade chegou a contar con cinco altares e cúpula, tivo o concello catro ermidas e contaba con varias confrarías. Conta a localidade con varios servizos como consultorio médico, dous supermercados, tres bares, panadaría, farmacia, residencia de anciáns, liña regular a Zamora etc.

Celebra as súas festas patronais o sábado máis próximo ao 9 de maio, día de San Pelayo, e a fin de semana próxima ao 6 de agosto, día do Salvador.