Galende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°06′19″N 6°39′44″O / 42.105166666667, -6.6622222222222

Galende

Galende é un concello español da comarca de Seabra ao noroeste da provincia de Zamora, pertencente á Comunidade Autónoma de Castela e León. Dista 118 km da capital da provincia, a 24 km, aproximadamente, de terras portuguesas pertencentes ao distrito de Braganza.

Xeografía[editar | editar a fonte]

No seu termo municipal atópase encravado o Lago de Seabra, o lago de orixe glaciar máis grande da península (368,50 ha). O principal río que cruza o seu territorio é o río Tera.

No concello atópanse as localidades de: Cubelo (Cubeillu en leonés) , Galende (capital do concello), Ilanes (Eilanes) , Moncabril, Pedrazales, El Puente (La Puente), Rabanillo (Rabaniellu), Ribadelago (Riballagu), Ribadelago Nuevo (Riballagu Nuovu), San Martín de Castañeda (Samartín de Castañeda) e Vigo (Vigu).

Poboación[editar | editar a fonte]

No censo INE-2013 constan 1.230 habitantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]