Pedro González Carnero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedrito»)
Infotaula de personaPedro González Carnero
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata - 1973 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Pedro González Carnero, nado en Córdoba o 11 de xuño de 1940 e finado o 21 de xullo de 2019, foi un futbolista e adestrador de fútbol andaluz, máis coñecido como Pedrito, que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista chegou a xogar en Primeira División no Celta de Vigo entre os anos 1969 e 1973, pero nun papel de suplente, disputando en total 33 encontros. Tamén formou parte da primeira participación do equipo na Copa da UEFA na tempada 1971-72.

Como adestrador tamén seguiu vinculado ao Celta ao que dirixiu en Segunda División na tempada 1979–80, porén sería cesado aos oito encontros e substituído por Carmelo Cedrún, pero a marcha do equipo non mellora e consumaríase o descenso a Segunda División B.