Parque Nacional do Banco de Arguin
| (fr) Parc national du Banc-d'Arguin | ||||
| Tipo | parque nacional parque | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Arguin Bank (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Nouadhibou, Mauritania (pt) | |||
| Localización | Mauritania | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 21 m | |||
| Superficie | 12.000 km² Patrimonio da Humanidade: 1.200.000 ha | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio natural → Mundo árabe | |||
| Data | 1989 (13ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
| Identificador | 506 | |||
| Sitio Ramsar | ||||
| Identificador | 250 | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1976 | |||
| Sitio web | pnba.mr | |||
O Parque Nacional do Banco de Arguin (en árabe: حوض أركين) é un parque nacional de Mauritania que se atopa na baía de Arguin, no oeste de África, entre Nouakchott e Nouadhibou. Foi declarado Patrimonio da Humanidade e é un importante lugar de migración e cría de aves, incluíndo flamengos, pelicanos e carráns. Gran parte da cría prodúcese en baixíos, incluíndo as illas de Tidra, Niroumi, Nair, Kijji e Arguim. As augas circundantes son algunhas das augas pesqueiras máis ricas do oeste de África e serven de lugar de nidificación para toda a rexión occidental.
O Parque Nacional do Banco de Arguin é unha reserva natural que foi estabelecida en 1976 para protexer tanto os recursos naturais como pesqueiros, que contribúen significativamente á economía nacional,[1] así como xacementos xeolóxicos de valor científico e estético, en interese e para a recreación do público en xeral.
As amplas extensións de marismas do parque son o fogar de milleiros de aves limícolas migrantes do norte de Europa, Siberia e Groenlandia. O clima suave da rexión e a ausencia de perturbacións humanas fan do parque un dos lugares máis importantes do mundo para estas especies. A poboación de aves nidificantes tamén salienta pola súa gran cantidade e diversidade. Entre 25.000 e 40.000 parellas pertencentes a 15 especies, conformando as colonias de aves acuáticas máis grandes de África occidental.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional do Banco de Arguin |
