Opuntia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Opuntia
Figuier de Barbarie (3).JPG
Opuntia ficus-indica, cladodios e froitos
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Cactaceae
Xénero: Opuntia
Mill., 1754
Especie tipo
Opuntia ficus-indica
(L.) Mill.
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto


Opuntia é un xénero de plantas da familia das cactáceas.

Comoprende más de 300 especies, todas elas nativas de América, que habitan desde o sur dos Estados Unidos até a Patagonia, onde crecen de forma silvestre. Agunhas delas foron introducidas en Europa polos conquistadores españois para aproveitar solos pouco produtivos do sur da península Ibérica, e de alí pasaron a Italia —onde existiu en tempos unha pequena industria ligada a elas—, a ao norte de África.[1]

A especie tipo é Opuntia ficus-indica, coñecida popularmente como chumbeira,[2][3][4] ou nopal.[2][5] Os seus froitos son comestíbes, os figos chumbos, que son moi populares en México, Guatemala, Honduras, El Salvador, Chile, Arxentina, Perú, Sicilia, no sur da península Itálica, nas illas Canarias, Andalucía, Extremadura, no sur de Castela e no Levante español, onde incluso fanse produtos tales como zumes, doces ou cervexa cos seus froitos. Tamén se encontra volta ao estado silvestre en gran parte de África do Norte e no deserto do Sáhara, aínda que a súa popularidade e aproveitamento é desigual e nalgunhas zonas inexistente.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito porlo botánico escocés Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary...Abridged...fourth edition vol. 2. 1754.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para algúns etimoxistas, o nome do xénero, Opuntia, provén do grego antigo usado por Plinio o Vello para denominar unha planta que crecía ao redor da cidade de Opunte, en Grecia.[7] Para outros, deriva tamén do grego antigo, pero do nome da cidade da Grecia antiga Opus, onde, segundo Teofrasto, crecía unha planta comestíbel, que podía propagarse arraigando as follas.[8]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome acutalmente válido, o xenero coñeceuse tamén polos sinónimos:[9]

  • Airampoa Fric
  • Cactodendron Bigelow (nom. inval.)
  • Cactus Lem.
  • Chaffeyopuntia Fric & Schelle
  • Clavarioidia Kreuz. (nom. inval.)
  • Ficindica St.-Lag.
  • Nopalea Salm-Dyck
  • Parviopuntia Soulaire & Marn.-Lap. (nom. inval.)
  • Phyllarthus Neck. ex M. Gómez (nom. inval.)
  • Pseudotephrocactus Fric
  • Salmiopuntia Fric (nom. inval.)
  • Subulatopuntia Fric & Schelle
  • Tunas Lunell
  • Weberiopuntia Fric

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Cando Carl Linnaeus publicou Species Plantarum en 1753, o punto de partida para a moderna nomenclatura botánica, colocou a todas as especies de cactos coñecidas nun único xénero, Cactus. En 1754, Philip Miller dividiuas en varios xéneros, incluído Opuntia. Distinguiu o xénero en boa medida pola forma das súas flores e froitos.[10]

Hai unha variación considerábel na taxonomía dentro das especies de Opuntia, o que deu lugar a diferentes nomes para as variedades ou subtipos dentro dunha especie, e o uso de secuenciación de ADN é necesario para definir e illar varias especies.[11]

Especies máis coñecidas[editar | editar a fonte]

As especies de Opuntia hibridan facilmente.[12] Isto pode dificultar a clasificación, producindo unha filoxenia reticulada onde se xuntan diferentes especies na hibridación.[13] Ademais, non todas as especies enumeradas aquí poden pertenceren a este xénero, o que significa que Opuntia non é un grupo monofilético.

Opuntia tamén ten unha tendencia á poliploidía. O estado diploide ancestral era 2n = 22, pero moitas especies son hexaploides (6n = 66) ou octaploides (8n = 88).[13]

Xéneros antigamente incluídos en Opuntia[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Este extenso xénero abarca plantas de moi diferentes tamaños, desde a pequeña Opuntia microdasys var. albispina, chamada comunmente "á de ánxel" polos seus gloquidios de diminutas espiñas brancas que lle dan un aspecto avelulado, até especies arbustivas ou arbóreas con tronco e copa, como Opuntia leucotricha, que pode chegar a medir 5 m de altura.

Son plantas moi rústicas e ramificadas, con ramas moi estendidas ou inclinadas. Os segmentos (cladodios) son característicos do xénero, con aparencia de folla carnosa, planos e xeralmente ovais; teñen a capacidade de convertérense en caules e, á súa vez, emitir novos segmentos e flores.

Outra peculiaridade son os gloquidios ao redor das aréolas almofadiñas con diminutas e finas espiñas (como cabelos) que lle dan a algunhas especies aspecto afelpado.

Algunhas especies posúen duras espiñas, de até 10 cm de longo, recubertas por unha serra dentada en sentido oposto, polo que cando se cravan na pel dunha persoa a súa extracción adoita ser algo dolorosa.

Opuntia ficus-indica

As flores destas plantas son grandes, moi abertas e de cores que varían entre a amarela, a alaranxada, a vermella e até a púrpura. Aparecen nos bordos dos segmentos, puidendo nacer incluso nas aréolas dos froitos.

Os froitos teñen un sictoma relaxante, o que orixina un grupo de froitos amontoados surdidos de cada flor.

O froito (figo chumbo) é fruto globoso ou ovoide, de tres a cinco centímetros de lonxitude, de cor verde que se torna a avermellada ou alaranjada ao madurar, ou amarela ou branca en certas variedades. É unha baga cuberta de aréolas con espiñas curtas pero fortes, similares ás do caule que a produce, puidendo ser moradas, brancas, amarelas, lilas, rosadas, vermellas ou alaranxadas. A polpa que contén no seu interior é dunha cor carmín, amarela, branca o verde, e é de sabor agradábel e refrescante cando está ben madura. As numerosas sementes que contén, e que inevitabelmente deben ser consumidas xunto coa carne do froito, adoitan seren algo incómodas, pese a non ser prxudiciais para o organismo, senón ao contrarip, resultan dixestivas.[14]

Pese a seren un grupo moi amplo e heteroxéneo, todas as chumbeiras comparten o metabolismo ácido das crasuláceas (CAM) para a fixación de dióxido de carbono para a fotosíntese. Deste modo, a absorción do CO2 da atmosfera lévase a cabo unicamente pola noite, cando a planta abre os seus estomas, e deste modo evita ter que abrilos polo día (o que supría unha gran perda de auga no seu clima árido natural).

Simboloxía[editar | editar a fonte]

Unha aguia real pousada sobre un nopal no Escudo de México.

O nopal é un dos símbolos nacionais de México. Encóntrase plasmado no seu Escudo Nacional sostendo unha aguia real que devora unha serpente, enraizado nunha pequeña isleta de pedra sobre a auga, (en México hai hai oito especies endémicas de nopais).

Esta planta é parte da mitoloxía mexica, na que se considera como a planta da vida, xa que aparentemente nunca morre, posto que ao secar pode dar vida a unha nova planta.[Cómpre referencia]

Segundo os mitos mexicas, o primeiro nopal naceu do corazón de Copil, o fillo de Malinalxóchitl, quen, ao tratar de vingarse do seu tío Huitzilopochtli por deixar soa á súa nai, foi mandado a matar por este.[Cómpre referencia]

Segundo conta a lenda, Huitzilopochtili mandou sacarlle el corazón a Copil, e que logo fuera enterrado nunhas penas. Ao día seguinte apareceu o primeiro nopal: con espiñas de valente guerreiro e flores dun fillo que defende á súa nai.[Cómpre referencia]

O figo chumbo como alimento[editar | editar a fonte]

Valor nutricional por 100 g[editar | editar a fonte]

Cultivo de nopal en Tlayacapan, Morelos (México).
Tunas peladas en venta en Zacatecas.

Fonte:[16]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Caules[editar | editar a fonte]

Ensalada de nopales.

Os cladodios xoves deste cacto son usados na gastronomía de México para preparar o prato chamado nopalito ou ensalada de nopales, para o que tamén se emprega cilantro e sal.[17][18]

O nopalito é baixo en carbohidratos e pode axudar no tratamento da diabetes.[19]

Froitos[editar | editar a fonte]

Nopal con tunas vermellas, en Querétaro (México).

Os froits (coñecidos como tunas en Arxentina, Bolivia, Chile, Perú, Uruguay e México, tunos e higos picos nas Illas Canarias, higos chumbos na maior parte de de España e figos chumbos enGalicia) son comestíbeis, doces, e moi aprezados.

Existe tamén unha especie (Opuntia joconostle) que produce tunas chamadas comunmente xoconostle (pronunciado "shoconostle" ou "khoconostle"), que significa «tuna agre» ou «tuna ácida». A particularidade destes froitos é que a sú casca é moi grosa, comparada con outras especies de tunas (até de 2 cm).

Estes froitos utilízanse principalmente na cociña como sobremesa (incluso sacándoos da neveira en verán para refrescar) e para a preparación de certas salsas, para a preparación de doces e xeados (como o popular arrope de tuna en Arxentina), como condimento, como aperitivo e tamén como planta medicinal (en infusión para a tose, a migraña e a dor de cabeza). Ademais, comprobouse a nivel médico a súa eficacia na redución da glicosa en sangue, polo que é unha alternativa no tratamento da diabetes.[20]

Os froitos do nopal, como quedou dito, son ricos en fibra alimentaria e vitaminas, especialmente vitamina A, vitamina C e vitamina K, así como vitamina B2 e vitamina B6. Tamén conteñen minerais como calcio, magnesio, potasio, ferro e cobre.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chumbera: la invasora amenazada". El País. 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  3. VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
  4. chumbeira, 1º art. no Dicionario da RAG
  5. VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
  6. "Opuntia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  7. Nomes botánicos.
  8. Quattrocchi, Umberto (2000). CRC World Dictionary of Plant Names. III M-Q. CRC Press. p. 1885. ISBN 978-0-8493-2677-6. 
  9. Opuntia no International Plant Names Index (IPNI). Consultado o 6 de maio de 2020.
  10. Miller, Philip (1754). "Opuntia". The Gardener's Dictionary 2 (4th ed.). London: John & James Rivington. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  11. Opuntia ficus-indica en CABI. Consultada o 6 de maio de 2020.
  12. Griffith, M. P. (2004): "The origins of an important cactus crop, Opuntia ficus-indica (Cactaceae): New molecular evidence". American Journal of Botany 91 (11): 1915–1921. Texto completo. Consultado o 6 de maio de 2020.
  13. 13,0 13,1 Majure, Lucas C.; Puente, Raul; Griffith, M. Patrick; Judd, Walter S.; Soltis, Pamela S.; Soltis, Douglas E. (2012): "Phylogeny of Opuntia s.s. (Cactaceae): Clade delineation, geographic origins, and reticulate evolution". American Journal of Botany 99 (5): 847–864. completo[Ligazón morta]. Consultado o 6 de maio de 2020.
  14. Díaz Robledo, Juan (2004). Descubre los frutos exóticos. Capitel Ediciones. p. 106. ISBN 978-84-8451-016-1. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  15. 15,0 15,1 % da cantidade diaria recomendada para adultos.
  16. Figo chumbo na base de datos de nutrientes do USDA.
  17. Ensalada de nopales Arquivado 05 de decembro de 2012 en Wayback Machine..
  18. Ensaladas vegetarianas.
  19. Use Of The Latin Food Staple Nopales: The Prickly Pear Cactus
  20. Las tunas ayudan a bajar de peso y tratan la diabetes.
  21. "optunia". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 13: 1–548. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20150906080403/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  • Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]