Aréola (botánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da aréola de Echinocactus grusonii.

En botánica denomínase aréola a unha xema axilar altamente especializada. As aréolas constitúen unha característica distintiva da familia das cactáceas, que serve para identificala como unha familia separada doutras plantas suculentas semellantes.

Características[editar | editar a fonte]

Opuntia microdasys unha das especies con gloquidios.
Espiña e gloquidios dunha Opuntia sp.

Trátase de zonas meristemáticas. As areolas son claramente visíbeis e xeralmente aparecen como pequenas protuberancias de cores claras ou escuras, de onde xorden os grupos de espiñas.

O meristema que se encontra na aréola dá orixe a espiñas e, na subfamilia das opuntioideas, tamén a gloquidios, os cales son pequenas espiñas desprendíbeis que constitúen unha forma de protección extra. Outra estrutura que se produce no meristema areolar é o tricoma, que, dependendo do seu aspecto e consistencia, adoita describirse como lá, feltro ou serda. Por último, aínda que non menos importante, o meristema da aréola tamén dá orixe as flores na maioría das especies de cactáceas, con algunhas excepcións notábeis.[1]

Algúns cactos carecen de espiñas nas súas aréolas pero, no seu lugar, teñen gloquidios, que semellan pequenos almofadiñas con vilosidas afiadas e curtas, moi difíciles de quitar cando se pinchan na pel dunha persoa. Outros carecen tanto de espiñas como de gloquidios, e na súa vez posúen lá exclusivamente, tal como no caso das especies do xénero Lophophora.

Posíbel orixe[editar | editar a fonte]

Crese que as aréolas evolucionaron para adaptarse ao clima árido dos desertos, quedando reducidas a xemas de onde xurdían follas rudimentarias que, co tempo, pasaron a se converter en espiñas para protexer ás plantas da depredación e da calor, así como para reducir a perda de auga.

Importancia[editar | editar a fonte]

As aréolas representan unha importante modificación evolutiva para estas plantas. Dan orixe ás espiñas, que son o seu principal medio de defensa e, ademais, o feito de que as espiñas xordan delas en lugar de xurdir directamente do caule, subministra un recubrimento moito máis efectivo que noutras plantas.

Por outra parte, as aréolas producen espiñas de moi diversos tamaños, números e tipos para adaptarse ás necesidades específicas de cada especie. Unha aréola típica pode ter unha ou máis espiñas centrais longas e afiadas, que serven como defensa. Ao redor delas hai, a miúdo, numerosas espiñas radiais (10 ou máis) máis pequenas, que xorden dos bordos da aréola e serven para dar sombra á planta e reter algo de aire fresco entre elas e o caule.

Nas fabáceas[editar | editar a fonte]

Na familia das fabáceas a aréola da semente á a área circundada pola "liña fisural" ou pleurograma. As diferenzas existentes entre a aréola e o resto da superficie poden consistir en variacións lixeira de cor, de textura da superficie ou das liñas de fractura.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]