Copa (botánica)
En botánica denomínase copa dunha planta á parte superior dunha árbore ou dun arbusto, formada polo caule e o conxunto das pólas, incluíndo as follas, e as estruturas reprodutivas.[1]
Nas especies caducifolias tamén se denomina copa ao tronco e ramas desprovistas de follas.[2]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O termo copa procede do latín vulgar cuppa, e este do latín cásico cūpa, -ar, "cuba", "barril", "tonel".
Características[editar | editar a fonte]
As formas das copas son moi variábeis. Os principais tipos de árbores son de hábito excurrente con ramificación en formas conoides, ou decurrente, que dá lugar a formas arredondadas. Tamén se poden caracterizar pola súa anchura, profundidade, área superficial, volume e densidade.
As medicións das copas son importantes na cuantificación e cualificación da sanidade vexetal, etapas de crecemento e eficiencia.
As principais funcións da copa inclúen a asimilación da enerxía da luz, a absorción de dióxido de carbono e a liberación de oxíxeno a través da fotosíntese, a liberación de enerxía pola respiración, e o liberación de auga á atmosfera pola transpiración. Estas funcións son realizadas polas follas.
As pólas da copa proporcionan soporte mecánico para distribuír as follas de maneira eficiente e servir como condutos para os recursos (auga, nutrientes) para realizar estas funcións.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Copa dun carballo, Quercus robur, grande e vello (unha carballa), en inverno, en Sarria, Lugo
Copa dun castiñeiro, Castanea sativa, a finais do verán, cos ourizos, e as pólas que chegan ao solo
Copa da palmeira Phoenix reclinata no Parque de Castrelos, Vigo
Copa dun piñeiro bravo (Pinus pinaster)
Copas de piñeiros mansos
(Pinus pinea)Copas de bidueiros brancos
(Betula pendula)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para copa., 6ª acepción.
- ↑ Font Quer, P. (1953): "Copa", no Dicionaro de botánica. Vol. I. Barcelona, Editorial Labor, S. A., ISBN 978-84-3350-076-7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kozlowski, T.; Kramer, P. & Pallardy, S. (1991): The physiological ecology of woody plants. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1242-4160-3.