Saltar ao contido

Vitamina B2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Riboflavina»)
Vitamina B2
C₁₇H₂₀N₄O₆ Editar o valor en Wikidata
Estrutura
 Instancia de
 Subclase de
pteridine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Composto por
 Condición médica tratada
Propiedades xerais
 Masa
376,138 Da Editar o valor en Wikidata
Propiedades estruturais
 SMILES canónico
CC1=CC2=C(C=C1C)N(C3=NC(=O)NC(=O)C3=N2)CC(C(C(CO)O)O)O Editar o valor en Wikidata
 SMILES isomérico
CC1=CC2=C(C=C1C)N(C3=NC(=O)NC(=O)C3=N2)C[C@@H]([C@@H]([C@@H](CO)O)O)O Editar o valor en Wikidata
Propiedades térmicas
 Punto de fusión
310 ℃ Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD012256 Editar o valor en Wikidata
Número CAS83-88-5 Editar o valor en Wikidata
ATCA11HA04 Editar o valor en Wikidata
PubChem493570 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider431981 Editar o valor en Wikidata
UNIITLM2976OFR Editar o valor en Wikidata
ChEBI17015 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL1534 Editar o valor en Wikidata
IUPHAR6578 Editar o valor en Wikidata
Beilstein97831 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
KEGGD00050 Editar o valor en Wikidata
CE201-507-1 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB00140 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidacións tisulares e na síntese de ácidos graxos. É necesaria para a integridade da pel e das mucosas e pola súa actividade osixenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta.

As súas fontes naturais son as carnes e produtos lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes.

As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo se elimina por vía urinaria.

A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Máis que a unha inxesta insuficiente pode ser debida a réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, tensión, calor intensa ou ó uso dalgunhas drogas.

Esta vitamina é sensible á luz solar e a certos tratamentos, como a pasteurización, proceso que fai perder o 20% do seu contido. Por exemplo, a exposición á luz solar dun vaso de leite durante dúas horas fai perder o 50% do seu contido de vitamina B.

É un aditivo alimentario permitido pola Unión Europea, identificado polo código E101.