Bieito Ledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bieito Ledo
Bieito Ledo en 2019.
Nome completoBieito Ledo Cabido
Nacemento23 de febreiro de 1944
Lugar de nacementoPadroso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor e editor
editar datos en Wikidata ]

Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense, acadando a licenciatura en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Impartiu clases como profesor no ensino privado.

En 1975 trasladouse a Vigo, onde fundou a librería Ir Indo, e en 1979 incorporouse á Editorial Galaxia como director-xerente ata 1985. Posteriormente, ingresou no concello de Vigo, onde desempeñou o cargo de xefe de Cultura e Educación. En 1978, como presidente do Círculo Ourensán-Vigués, fundou os Premios da Crítica Galicia que presidiu durante quince anos, para logo constituír a fundación homónima, da que é presidente.[1]

En 1985 fundou en Vigo Ir Indo Edicións, coa que creou os proxectos da Enciclopedia Galega Universal (EGU, 1999), o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU, 2003) e o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011).

Foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Galega de Editores, membro fundador da Fundación Galicia-Empresa, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, e membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto, entre outras asociacións. En nome da EGU, recibiu o Premio da Crítica Galicia como mellor Iniciativa Cultural en 2001 e o Trofeo Galeguidade no apartado de Medios de Comunicación Social da Enxebre Orde da Vieira en 2003. No ano 2005 o concello de Vigo nomeouno Vigués Distinguido e no 2006 o concello de Xunqueira de Ambía concédelle a distinción de Fillo Predilecto. Nese mesmo ano publicou o libro de relatos curtos Aconteceres.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]