Saltar ao contido

Baga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grosella.
Arando azul.
Arando vermello.

Unha baga, en botánica, é o tipo mais común de froito carnoso simple, no cal a parede do ovario enteiro madura nun pericarpo comestible. As flores desas plantas teñen un ovario superior que ten un ou varios xineceos dentro dunha cobertura fina e interiores moi carnosos. As sementes están embutidas na carne común do ovario. Algúns autores consideran como bagas tamén algúns froitos cunha semente apenas, se a superficie desta semente non está adherida ao endocarpo.

O pericarpo da baga, normalmente comestible, está composto do exterior cara ao interior por un epicarpo moi fino, un mesocarpo carnoso (chamado sarcocarpo) e dun endocarpo carnoso, o que a diferencia da drupa, na cal o endocarpo é leñoso.

Na lingua común e culinaria, o termo baga refírese normalmente a calquera froito pequeno e doce. Así, neste sentido, ao contrario do sentido botánico, un amorodo ou unha amora serán bagas, e unha banana ou unha laranxa, non.

O froito da laranxa e limón, son unha baga modificada chamada hesperidio. O froito dos cogombros e os seus parentes son bagas modificadas chamadas de “pseudobagas". Á planta que contén bagas chámaselle bacífora.

Na lingua coloquial, a baga refírese a calquera pequeno froito con múltiples sementes. Os froitos agregados como a amora silvestre ou framboesa son bagas neste sentido, mais non no sentido botánico.

Moitas bagas son pequenas, doces, suculentas, e brillantemente coloridas. Contrastando co seu contexto, estes atraen máis aos animais que os comen, axudando na dispersión das sementes da planta. A maior parte das bagas son comestibles, mais algunhas son velenosas.

As cores da baga son causadas por pigmentos naturais sintetizados pola planta. Unha investigación médica descubriu propiedades medicinais de polifenois pigmentados, como flavonoides, antocianinas, tanino e outras fitoquímicas localizadas principalmente en pelas de baga e sementes. Os pigmentos da baga son normalmente antioxidantes e así teñen unha capacidade radical de absorción de osíxeno (Oxygen Radical Absorbance Capacity "ORAC") que é alta entre plantas comestíbeis. Xunto co bo contido nutritivo, ORAC distingue varias bagas dentro dunha nova categoría de comida funcional chamada "superfroitos", unha industria de mil millóns de dólares que medra rapidamente comezou en 2005 e é identificada por DataMonitor como unha das 10 mellores categorías alimentarias por crecemento no 2008[1].

Un informe de 2007 combinou catro criterios — contido nutritivo, calidades antioxidantes, intensidade de investigación médica e éxito comercial — dando unha cualificación de actividade comercial para seis superfroitos exóticos[2].

Forma botánica
Baga Pseudobaga Hesperídio Non é baga
Forma coloquial Baga Casis, Arando, grosella, Goxi Amorodo, Amora, Framboesa
Non é baga Tomate, Caqui, Berenxena, Goiaba, Lúcuma, Pementa, Milgranda, Aguacate, Kiwi, Uva, Banana Cabaciña, Cabaza, Cogombro, Melón, Sandía Laranxa, Limón, Lima, Pomelo Mazá, Pera, Cereixa, Legumes, Semente do xirasol
  1. Fresh, super and organic top trends for 2008, FoodNavigator.com-USA, November 2007
  2. "Gross PM. Tracking market meteors: exotic superfruits. Natural Products Insider, November 16, 2007". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 01 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]