Estoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe ao microscopio electrónico dun estoma

En botánica, denomínanse estomas[1] aos orificios microscópico que se atopan nas partes verdes dos vexetais e permiten o intercambio de gases da planta co exterior[2]. Constan de dúas grandes células de garda e oclusivas rodeadas de células acompañantes. A separación que se produce entre as dúas células oclusivas (que se poden separar polo centro manténdose unidas polos extremos) denominada "ostíolo", regula o tamaño total do poro e, por tanto, a capacidade de intercambio de gases e de perda de auga da planta.

Os estomas son os principais participantes na fotosíntese, xa que por eles transcorre o intercambio gasoso mecánico, é dicir que neste lugar sae o osíxeno (O2) e entra dióxido de carbono (CO2)

Funcións e características[editar | editar a fonte]

Imaxe ao microscopio de varios estomas (coloreados)

Son usados para o intercambio gasoso co medio. O osíxeno e dióxido de carbono son intercambiados co ambiente a través destes poros. A adquisición de dióxido de carbono e o intercambio de osíxeno son fundamentais para que se desenvolvan os procesos de fotosíntese e respiración das plantas. Con todo, a súa apertura tamén provoca a perda de auga da planta en forma de vapor a través do proceso denominado transpiración.

Por isto, a apertura ou peche dos estomas está moi finamente regulada na planta por factores ambientais como a luz, a concentración de dióxido de carbono ou a dispoñibilidade de auga. Segundo investigacións, coñécese que algúns catións como o potasio e calcio e anións como o cloruro interveñen activamente na apertura e peche dos estomas. En casos de seca (tensión hídrico) péchanse os estomas impedindo perdas de auga na planta, o cal, con todo, tamén imposibilita o intercambio de gases e, en consecuencia, a entrada de CO2 atmosférico necesaria para a nutrición das plantas mediante o proceso de fotosíntese. É por iso que en rexións xerófilas, os estomas frecuentemente son pequenos ou case inexistentes, e ademais, conteñen cantidades apreciables de ceras, pelos e tricomas, que dificultan a saída do vapor de auga.

Formación e orixe celular[editar | editar a fonte]

A orixe dos estomas comeza cando unha célula nai meristemática (MMC), sofre unha división asimétrica, dando orixe a un meristemoide (M) e a unha célula irmá de maior tamaño. á súa vez, o meristemoide pode seguir realizando divisións asimétricas ou ben pode diferenciarse até transformarse nunha célula de garda nai (GMC). Finalmente, a GMC sofre unha división simetrica e diferénciase nun par de células de garda maduras ao redor dun poro estomatal (4).

Tipos de estomas segundo disposición de células[editar | editar a fonte]

  • Anomocítico ou Ranunculáceo: Non posúe células anexas, é o máis frecuente en dicotiledóneas e tamén o máis antigo.
  • Paracítico ou Rubiáceo: Posúe 2 células anexas, dispostas paralelamente con respecto ás oclusivas.
  • Anisocítico ou Crucífero: Posúe 3 células anexas, 1 máis pequena. Tamén en Solanaceae.
  • Tetracítico: Posúe 4 células subsidiarias. Común en varias familias de monocotiledóneas como Araceae, Commelinaceae, Musaceae
  • Diacítico ou Cariofiláceo: Posúe 2 células anexas perpendiculares ás oclusivas. Poucas familias, Cariofiláceas, Acantáceas.
  • Ciclocítico : Posúe numerosas células subsidiarias, dispostas nun ou dous círculos ao redor das células oclusivas.
  • Helicocítico: Posúe varias células subsidiarias dispostas en espiral ao redor das oclusivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para '.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. 2ª edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
  • Font Quer, P. 1953. Diccionario de Botánica. Barcelona, Labor.
  • Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8ª edición. Omega, Barcelona, 1088 p.
  • Tipos de Estomas [1] (ao 15/10/08)
  • Stuart Casson e Julie E. Gray. Influence of environmental factors on stomatal development.. New Phytol. 2008;178(1):9-23.

Outros artigos[editar | editar a fonte]