Monte e lagoa de Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°45′39″N 9°06′54″O / 42.7609, -9.1149

Monte e lagoa de Louro
Praia de Area Maior e o Monte Louro
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, LIX
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.096 ha. (46.0 % de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. Lugar de interese xeolóxico, 1983.[1][2][3][4]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Carnota e Muros
Ríos:
Picos Monte Louro
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Monte e lagoa de Louro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e de interese xeolóxico que ampara á rexión do litoral que está entre a punta do Sinal, no Monte Louro en Muros, ata o illote dos Forcados de Carnota. O afloramento granítico cuberto de matogueiras que é o Monte Louro, as ben conservadas dunas fixas, coas zonas de depresión entre elas, e a vexetación acuática e lacustre da lagoa de Xarfas ou Louro converteron este espazo en zona de interese para a conservación.[1][2][3][4][5][6]

O Monte de Louro destaca a nivel xeolóxico por ser un inselberg, ou monte que destaca nunha chaira, granítico rodeado dunha plataforma de abrasión. Desde este monte vese a formación de lagoon que forman a praia de Area Maior e Louro, o sistema dunar, a lagoa de Xarfas e a marisma interior.[4]

Xeoloxía e hábitats[editar | editar a fonte]

O espazo natural do Monte e Lagoa de Louro protexe a franxa litoral que comenza na punta do Sinal, en Muros e limitando polo sur coa enseada de San Francisco, e remata no illote dos Forcados en Carnota. Acolle a lagoa de Xarfas, que é unha albufeira ou lagoa litoral[4], e un sistema de dunar, que está entre a punta de Rostro e punta Carreiro. O litoral do espazo conta con praias como as de Louro, de Area Maior ou Lariño. A esta franxa costeira chegan só pequenos regos, como o de Lariño e o das Feales, que chegan a punta Insua, e o rego dos Longarelos, que percorre a marisma e chega á lagoa de Louro.[5]

Esta costa do monte e lagoa de Louro están nunha rexión de rochas graníticas hercinianas, con dúas micas, que se formaron entre o período devoniano e permiano. As praias e marismas formáronse entre o plistoceno (como as de Carnota) e o holoceno, como a praia de Area Maior e a lagoa. Os illotes dos Forcados e o litoral que mira para esta son de granitos tardi-hercínicos e neles atópanse micas porfídicas. Na área da punta Insua hai un dominio de granitos do grupo de Laxe que pertencen ao período do precámbrico ao silúrico.[7]

A costa do espazo natural conta con covas e furnas mariñas, arrecifes, calas e pequenas baías de pouca extensión. As praias acollen áreas de ampla extensión cubertos a pouca profundidade de auga. Nalgunha zona como no esteiro da lagoa, hai chairas lamacentas ou areosas que na baixamar chegan a estar expostas. A vexetación dos cantís é a característica das costas atlánticas e bálticas. Esta está por riba da liña dos argazos na costa.[5]

As dunas deste litoral sitúanse entre a praia de Area Maior e a lagoa de Xarfas. As dunas que alí se atopan van desde as móbiles embrionarias, ás dunas móbiles de litoral con vexetación como Ammophila ou xa dunas fixas con especies herbáceas medrando nelas. Outras das dunas están fixas e en proceso de descalcificación ou cuberta por maior cantidade de vexetación. Entre as dunas hai espazos húmidos intradunais.[5]

Nas das augas da lagoa de Xarfas, que son augas oligotróficas ou mesotróficas, e nos coídos a vexetación é perenne e de curto ciclo de vida. Máis cara a costa hai pastos atlánticos de vexetación adaptada a medios salinos. Os prados do espazo danse en zonas calcarias, de turba ou de terra arxilosa-limosa, Algúns prados son típicos de zonas húmidas mediterráneas ou pobres e de sega.[5]

Nos montes do espazo natural, como no Monte Louro, a vexetación está adaptada a rochedos silíceos, e son especies pioneiras. As queiroas atópanse en solos secos e con toxos a canda si. Algunhas especies de monte baixo que están presentes son a Laurus nobilis. A zona de bosque, que é de pouca extensión, caracterizase por ser propia de ribeira e formada por Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.[5]

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

As especies da flora catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Alyssum loiseleurii
Arabis juressi
Dryopteris guanchica
Eleocharis parvula
Linaria arenaria
Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis
Lithothamnion corallioides
Phymatholithon calcareum
Scirpus pungens
Sphagnum pylaisii

Fauna[editar | editar a fonte]

Invertebrados[editar | editar a fonte]

As especies de invertebrados catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Bolma rugosa
Cerambyx cerdo
Echinus esculentus

Peixes[editar | editar a fonte]

As especies de peixes catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Alosa alosa
Alosa fallax

Anfibios e réptiles[editar | editar a fonte]

As especies da anfibios e réptiles catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Hyla arborea
Rana iberica
Chalcides bedriagai
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Lacerta schreiberi

Aves[editar | editar a fonte]

As especies de aves catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Anas crecca
Charadrius alexandrinus
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica
Ixobrychus minutus
Rissa tridactyla
Tetrax tetrax

Mamíferos[editar | editar a fonte]

As especies de mamíferos catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catalogo de especies ameazadas son:[8]

Especie
Phalacrocorax aristotelis
Lutra lutra
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
Tursiops truncatus

Lexislación[editar | editar a fonte]

O Monte e lagoa de Louro están amparados por diferentes leis, como son as de aplicación para os LIC e ZEP, que amparan e protexen diferentes áreas. Este espazo:

  • Foi catalogado en 1983 polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e declarado en 2007 como patrimonio de interese xeolóxico nacional polas súas peculiaridades morfolóxicas e estratigráficas.[4]
  • Foi declarado como lugar de interese comunitario o 29 de decembro de 2004 trala decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004.[1]
  • Foi declarado como zona de especial protección dos valores naturais “Monte e lagoa de Louro”, con 1.096 ha. de extensión, o 27 de marzo de 2004 e actualizado como tal o 31 de marzo de 2014, dentro do plan da Rede Natura 2000 de Galicia.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de diciembre de 2004, páginas 1 a 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Inventario de LIGs: 119001. Monte Louro, laguna y marismas.". Inventario de patrimonio geolóxico de España. Instituto Geológico y Minero de España. 1983-12-31. Consultado o 2017-07-13. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Monte e lagoa de Louro, código ZEC ES1110012. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. "MapasIGME - Portal de cartografía del IGME: Mapa Geológico de España a escala 1:200.000 (2ª Serie) - Hoja 7 (SANTIAGO DE C.)". Consultado o 2017-07-12. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 "Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. 2.10 LIC Monte e Lagoa de Louro." (PDF). Consultado o 13 de xullo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.