Albufeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albufeira de Valencia

Albufeira é unha palabra de orixe árabe (البحيرة, al-buhayra, "o pequeno mar"). Trátase da denominación coa que se coñece unha lagoa litoral de auga salgada ou lixeiramente salobre, separada do mar por unha lingua ou cordón de areas pero en comunicación con este por un ou máis puntos.

Formación e características[editar | editar a fonte]

A súa formación adoita deberse á colmatación dunha antiga baía polas achegas de sedimentos mariños ou fluviais. Alí onde as mareas non son moi acusadas e a area se deposita nunha longa lingua próxima á costa fórmanse albufeiras longas e estreitas, separadas do mar por unha estreita barra de area ou terra paralela á beira. Nelas, e por mor dun fluxo lento e mais polo intercambio de augas co mar, as súas temperaturas son moito máis cálidas. Son, polo xeral, espazos cheos de vida con abundante vexetación acuática así como fauna ictícola que acode a desovar, amais de seren utilizadas decote por moitas aves migratorias para facer escala nas súas viaxes estacionais.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.