Lista de nomes femininos en galego
Aparencia
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A
[editar | editar a fonte]- Abigail. Hebraico. Deus é xubiloso.
- Acacia. Grego. Boa.
- Ada. Do hebraico hagar (fuga, fuxitiva); Adorno ou beleza.
- Ádega. Grego. Boa.
- Adela. Xermano. Forma reducida de Adelaida/Adelaira, creadas sobre a raíz xermánica athala-, Nobre.
- Adelaida. o xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Delaira.
- Adelaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaida, Delaira.
- Adelina. Xermano. Nobre.
- Adolfina. Xermano. Loba nobre e ilustre.
- Adoración. Latín. Adoración.
- Afonsina. Xermano. Preparada para a loita.
- África. Latín. Exposta ao sol, cálida.
- Afrodisia. Grego. Amorosa.
- Agar. Hebreo. Fuxitiva.
- Ágata. Grego. Boa.
- Agostiña. Latín. Derivado de Augusto, consagrada polos augures.
- Agripina. Latín. Da familia romana de Agripa, a que nace de pé.
- Águeda. Grego. Boa.
- Aida. Exipcio. A que chega.
- Áine. Celta. Nome mitolóxico.
- Alana. Celta. Harmonía.
- Alba. Latín. Aurora branca.
- Alberta. Xermano. Totalmente nobre.
- Albertina. Xermano. Totalmente nobre.
- Albina. Latín. Branca. // Xermano. Amigo dos Elfos.
- Alborada. Derivado de albor e este do latín alborem, mencer, aurora branca.
- Albura. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense feminino.
- Alcira. Árabe. Illa.
- Alda. Xermánico. Vella. A forma masculina é Aldo.
- Aldana, Celta. Da casa da Alda.
- Aldara. Xermano. Insigne e sabia no combate. Variante: Ilduara.
- Alegría. Latín. Alegría, viveza, animosidade.
- Aleixa. Grego. Defensora, protectora.
- Alexandra. Grego. Muller defensora, protectora.
- Alfreda. Formado a partir da forma masculina Alfredo. En Galicia nunca foi un nome moi popular.
- Alicia. Xermano. De nobre aspecto // Grego. Real, verdadeira.
- Alla. Grego. Ben falada. Nórdico.
- Alma. Latín. A que fai o ben.
- Almudena. Árabe. Cidade pequena, vila.
- Alodia. Xermano. Terra íntegra, libre.
- Aloia. Latín. Loanza /Galaico. Topónimo do monte sito en Tui.
- Amabel. Latín. Que ama, amábel.
- Amada. Latín. Amada.
- Amadora. Latín. Que ama.
- Amaia. Vasco. Pasto.
- Amaina. Galaico, nome feminino galaico lucense (aparece nunha inscrición).
- Amalia. Xermano.
- Amancia. Latín. Que debe ser amada.
- Amalia. Xermano. Laboriosa, traballadora, infatigábel.
- Ambrosia. Grego. Inmortal, de natureza divina.
- Amelia. Grego. Traballo // Xermano. Laboriosa ou valorosa.
- América. Latín. Pertencente á cidade latina de Ameria.
- Amil. Nórdico-galaico. Santuario.
- Amparo. Latín. Preparación, protección.
- Ana. do hebraico Hannah. Compaixón, graza de Deus.
- Anacleta. Grego. Invocada.
- Anaia. Do éuscaro: Anai(a), irmán.
- Anais. Hebreo. Compaixón, graza de Deus.
- Anastasia. Grego. Resurrección.
- Anatolia. Grego. De levante, oriente.
- Andrea. Grego. Viril, coraxosa.
- Angustias. Angustia, aflición.
- Anisia. Grego. Anisada, con aroma a fiúncho.
- Antela. Galaico. Hidrónimo galego. Quizais un topónimo de orixe latina, probabel mente co significado de anta pequena.
- Antía. Do grego Anthía, Tirada, sacada das flores, florida. Referíase ao primeiro favo de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena.
- Antígona. Grego. Enfrontada á súa xeración.
- Antoniña. Grego. (a través do Latín). Florida.
- Anuncia. Latín. Anunciadora, mensaxeira.
- Anunciación. Latín. Anunciadora.
- Anxa. Grego. Mensaxeira.
- Anxela. Grego. Mensaxeira.
- Ánxeles. Grego. Mensaxeira.
- Anxélica. Grego. Anxelical ou propia dos mensaxeiros.
- Anxos. Grego. Mensaxeiros.
- Apana. Galaico. Nome céltico galaico lucense feminino.
- Apolonia. Grego. Devota do deus Apolo.
- Aquilina. Latín. Da natureza da aguia, aquilina.
- Araceli. Latín. Altar do ceo.
- Aranza. Topónimo galego, posibelmente relacionado co éuscaro Arantzazu, serra de moitos picoutos ou lugar cheo de espiños ou toxos.
- Aránzazu. Vasco. Ti entre espiños ou toxos, Aranza.
- Aras. Latín
- Arcadia. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso.
- Arduína. Celta. Deusa celta.
- Area. Latín. Area.
- Ariadna. Grego. Moi santa, moi rebelde.
- Artemisa. Grego. San e salva.
- Artusa. Grego. Coidadora da constelación da Osa.
- Arxentina. Latín. Prateada, sonora como a prata.
- Ascensión. Latín. Subir ao ceo, ascender.
- Ástrida. Xermánico/Nórdico. De Astrid, posiblemente composto de astr-, ‘estrela’, e (f)ridh, ’belo, amado’. Tamén pode proceder de asa e trud, co significado de ‘Deus é fiel’. Variante: Ástride.
- Ástride. Xermánico/Nórdico. Estrela fermosa.
- Asunción. Latín. Subir ao ceo, ascender.
- Asunta. Latín. Subir ao ceo, ascender.
- Augusta. Latín. Consagrada polos augures e adiviños.
- Aunia. Celta. Nome feminino celta.
- Áurea. Latín. Fermosa como o ouro, espléndida.
- Aurelia. Latín. Brillante, refulxente.
- Aureliana. Latín. Brillante, refulxente.
- Aurora. Latín. Aurora.
- Avelina. Xermano. Desexada ardentemente.
- Avia. Latín
- Azalea. Grego. Nome de flor.
- Azucena. Árabe. Flor, azucena.
B
[editar | editar a fonte]- Baia. Grego. Ben falada, elocuente.
- Balbina. Latín. Da familia romana Balba, que tatexa, que balbucea.
- Balla. Grego. Ben falada, elocuente.
- Baltasara. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei.
- Bárbara. Grego. Estranxeira.
- Barca. Hispano. Palabra incorporada ao latín serodio, caixón, artesa, barca.
- Basilisa. Grego. Raíña.
- Bastiana. Grego. Venerábel.
- Beata. Celta.Vida.
- Beatriz. Do latín Beatrix, derivado de beare, ‘facer feliz’. Benaventurada.
- Begoña. Vasco. Altura ou outeiro que domina.
- Belén. Do hebraico: Beth-lehem, nome dunha vila palestina, Casa do pan.
- Belinda. Xermano. Defensa do guerreiro.
- Belisa. Latín. Esvelta.
- Bélxica. Latín. Relativo ao pobo dos Belgas.
- Benedita. Latín. Ben nomeada, bendita.
- Benigna. Latín. Bondadosa.
- Benta. Latín. Ben nomeada, bendita. Variante: Bieita.
- Benvida. Latín. Nome medieval de bo agoiro para unha filla esperada, benvida.
- Benxamina. Hebreo. Filla predilecta.
- Berenguela. Xermano. Guerreira preparada. Lanceira.
- Berenice. Grego. Portadora da vitoria.
- Bernalda.Do xermánico Bernhard, co significado de ‘guerreiro forte e audaz’, ou Bernald, ‘guerreiro vello, ilustre’. Variante: Bernarda. Osa forte.
- Bernaldina. Xermano. Osa forte.
- Berta. Xermano. Ilustre, famosa, brillante.
- Bieita. Latín. Ben nomeada, bendita.
- Bonifacia. Latín. A que fai o ben. Benfeitora.
- Branca. do xermano blank; Branca, nobre, brillante.
- Braulia. Xermano. Lume, espada.
- Brenda. Celta.Espada.
- Briana. Celta. Muller forte.
- Brianda. Celta. Monte alto.
- Brisda. Celta. Forza.
- Bríxida. Celta. Poboación elevada, colonia. Forza, vitoriosa.
C
[editar | editar a fonte]- Caetana. Latín. Alegre.
- Calista. Do grego Kallistos, ‘belísimo, fermosísimo’. Variante: Calistra.
- Camelia. Latín. Nome de flor.
- Camila. Etrusco. Ministro, sacerdote.
- Camiño. Celta. Camiño.
- Candea. Latín. Cirio, candea, luz. Como nome propio procede de Festum Candelorium, ‘festa das candeas’. Variantes: Candeloria, Candela.
- Candela. Latín. Cirio, candea, luz.
- Candeloria. Latín. Cirio, candea, luz.
- Cándida. Latín. Branquísima, luminosa, sen malicia.
- Caridade. Latín. Amor, afecto, caridade.
- Carina. Grego. Pura, inmaculada, graciosa.
- Carla. Xermano. Viril.
- Carlota. Xermano. Viril.
- Carme. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variantes: Carmela, Carmo.
- Carmela. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto.
- Carmo. Hebreo, a través do portugués. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto. Variante: Carme.
- Carola. Xermano. Home forte, home, viril.
- Carolina. do xermano Karl, latinizado como Carolus. Home forte, home, viril.
- Casandra. Grego. Protectora de homes.
- Casia. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre.
- Casiana. Latín. Excelsa, distinguida, ilustre.
- Casilda. Árabe. Cantiga.
- Casimira. Xermano. A que impón a paz.
- Catarina. Do grego katharós, puro. Pura, inmaculada, graciosa. Variantes: Catuxa (tamén diminutivo), Cateliña, Cataliña, Catalina.
- Catuxa. Grego. Pura, inmaculada, graciosa. Variante de Catarina.
- Cebreiro, Galego. Procedente dun topónimo, úsase como nome composto: María do Cebreiro.
- Cecía. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecilia, Icía, Cía ou Sía.
- Cecilia. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cilla, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía.
- Ceferina. Latín. Relativa ao vento Céfiro, o que porta a vida.
- Cela. Latín. Advocación mariana venerada en Baredo, Baiona.
- Celeste. Latín. Pertencente ao ceo.
- Celestina. Latín. Pertencente ao ceo.
- Celia. Latín. Pertencente ao ceo.
- Celina. Latín. Pertencente ao ceo.
- Celsa. Latín. Pertencente ao ceo.
- Celtia. Galego. Dos Celtas, de Galicia. Nome poético que Eduardo Pondal aplica a Galicia.
- Chorima. Galego. Nome da flor do toxo, procedente do latín flor.
- Cibrá. Latín. Habitante de Chipre. Cipriana.
- Cía, Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Sía ou Cilla.
- Cilla. Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Sía.
- Cintia. Grego. Nacida en Cintia, nome dun monte de Delos.
- Cipriana. Latín. Habitante de Chipre. Variente: Cibrá.
- Cira. Persa. Sol, deusa.
- Clara. Latín. Clara, ilustre.
- Claudia. Latín. Da familia Claudia, coxa.
- Claudina. Latín. Da familia Claudia, coxa.
- Clementina. Grego. Clemente.
- Cleofe. Grego. De glorioso pai, gloriosa polos seus pais.
- Cleopatra. Grego. Filla de glorioso pai.
- Clodia. Latín. Da familia Claudia, coxa.
- Cloe. Grego. Tenra.
- Clorinda. Grego. Tilleira verde pálida, verde clara.
- Clotilde. Xermano. Célebre, nomeada na batalla.
- Comba. Latín. Pomba, rola, símbolo da paz e da pureza.
- Conceizón. Latín. Acto de recibir ou concibir.
- Concepción. Latín. Acto de recibir ou concibir.
- Consolación. Latín. Consolarse con...
- Constantina. Latín. Moi constante.
- Constanza. Latín. Constante, ou constancia.
- Cora. Grego. Moza, doncela.
- Coral. Latín. Coral.
- Coralia. Grego. Rapaza, doncela.
- Cornelia. Latín. Relacionada co corno da abundancia.
- Corona. Latín. Coroa.
- Cósima. Grego. Educada.
- Covadonga. Latín. Cova da señora.
- Cristal. Grego. Xeo, cristal.
- Cristina. Hebreo. Discípula de Cristo, unxida.
- Cruz. Latín. Cruz, picota, tormento.
- Custodia. Latín. O anxo gardián, coidadora.
D
[editar | editar a fonte]- Dafne. Grego. Coroada de loureiro.
- Dalia. Latín. Flor.
- Damiana. Grego. A que domina, dominadora.
- Daniela. Hebreo. Deus é o meu xuíz.
- Danila. Xermano galaico. Antigo nome galego de orixe xermánica, composto de dans, ‘dinamarqués’, e do sufixo –ila.
- Davinia. Hebreo. Amada.
- Débora. Hebreo. Abella.
- Delaira. Do xermánico Adelheid, ‘de condición, aspecto ou familia nobre’. Variantes: Adelaira, Adelaida.
- Delia. Grego. Deusa, natural da illa de Delos.
- Delfina. Grego. Golfiño, besta feroz.
- Demetria. Grego. Devota de Deméter, deusa da agricultura.
- Desideria. Latín. Desexábel, desexosa.
- Diana. Latín. Do día, pertencente ao día, divina, celeste, luminosa.
- Digna. Latín. Digna.
- Dionisia. Grego. Consagrada a Dioniso, deus das festas e do viño.
- Divina. Latín. Divina, relativa a Deus.
- Dominga. Latín. Dedicada ou gardada para Deus.
- Dominica. Latín. Dedicada ou gardada para Deus.
- Domitila. Latín. Domesticadora.
- Doa. Latín. Regalo.
- Doce. Do latín Dulcis ‘doce’. Refírese a unha advocación mariana: o Doce Nome de María. Variante: Dulce.
- Dora. Grego. Regalo.
- Dores. Do latín dolores, plural de dolor e este de doleo, ‘sufrir’. Dores, sufrimentos. Dores. Nome de advocación mariana. Variante: Dolores.
- Dorinda. Grego. Regalo.
- Dorotea. Grego. Regalo de Deus.
- Dosinda. Xermano. Don fermoso.
- Dositea. Grego. Regalo de Deus.
- Dubra. Galaico céltico. Hidrónimo do río Dubra, afluente do río Tambre significa ‘augas’.
- Dunia. Árabe. Señora do mundo.
E
[editar | editar a fonte]- Edelmira. Xermano. Ilustre, nobre.
- Edenia. Hebreo. Xardín delicioso.
- Edite. Xermano. Riqueza e combate.
- Eduarda. Xermano. Gloriosa gardiá.
- Eduvixes. Xermano. Guerreira vitoriosa na batalla.
- Einés. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inesa, Inés.
- Eira. Escandinavo. Deusa da saúde. Tamén galés: neve.
- Elba. Celta. Alta montaña.
- Eleonor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Lionor, Leonor.
- Eleuteria. Grego. Liberadora, libre.
- Eliana. Grego. Relativa ao sol.
- Elisa. Hebreo. Deus axudou. Ou fenicio.
- Eloísa. Xermano. Elixida.
- Elsa. Hebreo. Deus axudou.
- Elvia. Celta. Da alta montaña.
- Elvira. Xermano. Amiga da lanza, nobre gardiá. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xelvira, Xeloíra.
- Emérita. Latín. Recompensada por Deus.
- Emiliana. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitadora.
- Emilia. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitadora.
- Encarnación. Latín. Encarnación, misterio relixioso.
- Engracia. Latín. Estar en graza.
- Enma. Hebreo. Hipocorístico de Enmanuela, salvadora.
- Enmanuela. Hebreo. Deus está connosco, salvadora.
- Epifania. Grego. Aparición, manifestación.
- Erea. Galaico. A través do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irena, Iría.
- Ermidas. Latín. Pequena igrexa solitaria.
- Ernesta. Xermano. Combate forte, firme, tenaz.
- Ernestina. Xermano. Firme, tenaz.
- Escolástica. Latín. Pertencente á escola.
- Escravitude. Latín. De escravo, nome dun pobo eslavo.
- Esmeralda. Grego. Esmeralda, pedra preciosa.
- Esmeraldina. Grego. Esmeralda, pedra preciosa.
- Esperanza. Latín. Esperanza.
- Estefanía. Grego. Coroada de loureiro, vitoriosa.
- Estela. Do latín stellula, diminutivo de stella, estrela. Variante: Estrela.
- Ester. Hebreo. Astro, estrela.
- Estrela. Do latín stellula, diminutivo de stella, estrela. Variante: Estela.
- Etelvina. Xermano. Ilustre, nobre pola súa vitoria.
- Eudosia. Grego. De boa opinión, doutrina ou reputación.
- Eufemia. Grego. Favorábel, eloxiosa, de bo agoiro.
- Eufrasia. Grego. Alegría, ledicia, bo humor.
- Eulalia. Grego. Que fala ben. Variante culta de Baia.
- Euxea, Uxía, Grego. Ben nacida, nobre.
- Euxenia, Uxía, Grego. Ben nacida, nobre.
- Evelina. Celta. Agradable.
- Exeria. Latín-galaico, á súa vez do grego egerio, ‘mover’. Levou este nome a nobre viaxeira galega que, no século IV ou V, deixou constancia da súa peregrinación a Xerusalén no seu Itinerario.
F
[editar | editar a fonte]- Fabia. Latín. Da familia Fabia, faba.
- Fabiana. Latín. Da familia Fabia, faba.
- Fabiola. Latín. Da familia Fabia, faba.
- Fara. Árabe. Alegre.
- Faro. Grego. Procedente da illa grega de Pharos.
- Fátima. Árabe. Doncela ou ‘a que desteta os meniños’. Fâtima era o nome da filla de Mahoma.
- Faustina. Latín. Relativa a Fausto, favorábel, feliz.
- Fe. Latín. Fe.
- Fedora. Eslavo. Regalo de Deus.
- Fedra. Grego. Brillante.
- Felicia. Latín. Feliz, contenta, fértil.
- Feliciana. Latín. Feliz, contenta, fértil.
- Felicidade. Latín. Felicidade. Nome latino que expresa alegría polo nacemento dunha filla. Variante: Felícitas.
- Felicita. Latín. Felicidade.
- Felicitas. Latín. Felicidade.
- Felisa. Latín. Afortunada, chea de felicidade.
- Fernanda. Xermano. Intelixente ou atrevida na paz.
- Fidelina. Latín. Fiel.
- Filipa. Grego. Amiga dos cabalos.
- Filomena. Grego. Amiga dos cantos, rousinol.
- Fiona. Celta. De fermosos cabelos.
- Firmina. Latín. Firme, segura.
- Flavia. Latín. Amarela, loura. Procede do apelido dunha familia que chegou a dar tres emperadores a Roma. Deriva do adxectivo flavus, ‘dourado’, que se lles aplicaba ás persoas de cabelo louro.
- Flor. Latín. Flor.
- Flora. Latín. Deusa das flores.
- Florencia. Latín. Floreada, florida, chea de flores.
- Florentina. Latín. Florecente, brillante, resplandecente.
- Floriana. Latín. Pertencente á deusa Flora.
- Florinda. Latín. Floreada, chea de flores.
- Fortunata. Latín. Afortunada.
- Francisca. Xermano. A que quere ser libre.
- Franqueira. Xermano. Lugar aberto; lugar dos libres. Posiblemente relacionado con francos, quizais como resultado dunha antiga colonización, é o nome do lugar onde se ergue o mosteiro de Santa María da Franqueira (A Cañiza-Pontevedra) e a Virxe do mesmo nome.
- Frederica. Xermano. Princesa da paz, pacificadora.
- Frida. Xermano. Paz.
- Froitosa. Latín. Fértil, frutífera.
- Fulxencia. Latín. Relucente, refulxente.
G
[editar | editar a fonte]- Gabina. Latín. Da cidade de Gabio, no Lacio.
- Gabriela. Hebreo. Forza de Deus.
- Gala. Xermano. Muller da tribo dos galos, da Galia.
- Galicia. Celta/galaico. Topónimo. Variante: Galiza.
- Galiza. Celta/galaico. Topónimo. Variante: Galicia.
- Gaspara. Persa. Administradora do tesouro.
- Glauca. Grego. Verde, da cor do mar.
- Glenda. Celta. Vale estreito e boscoso.
- Gliceria. Grego. Doce.
- Gloria. Latín. Fama, sona.
- Goretti. Italiano. Apelido dunha santa italiana, chamada María.
- Graciela. Latín. Grata, agradábel.
- Graza. Latín. Graza, encanto, don. Variante: Gracia.
- Gregoria. Grego. Vixiante, esperta.
- Grial. Orixe descoñecida. ‘Cunca’, ‘cáliz’, máis concretamente refírese ao Santo Graal, copa que Xesús usou na última cea.
- Griselda. Xermano. Ilustre batalla.
- Guadalupe. Do topónimo árabe Wadi al-lub, que significa ‘río agochado’, ‘río do lobo’ ou 'Río de croios negros'.
- Gualteria. Xermano. A que manda o pobo na guerra.
- Gudula. Xermano. Deusa, batalla.
- Güendolina. Bretón. Branca.
- Guía. Do xermano witan, ‘guiar’. Persoa que guía, que conduce, escolta. Advocación mariana.
- Guillermina. Xermano. Helmo protector.
- Guiomar. Do xermano wig, ‘combate’, e mar, ‘célebre’. Muller ilustre, combate ilustre.
- Gumersinda. Xermano. Muller forte.
H
[editar | editar a fonte]- Hadriana. Latín. Nacida na Hadria.
- Heladia. Grego. Nativa da Hélade, Grecia.
- Helena. Do grego hellene, grega, da Grecia, muller moi bela. A través do latín Helena ou Helene. A súa etimoloxía é dubidosa. É posible que proceda da unión das palabras gregas helane, ‘facho’, ‘tea’ e hele, heile, ‘fulgor ou calor do sol’, ‘luz brillante’.
- Helga. Xermano. Santa.
- Helia. Grego. Sol.
- Henriqueta. Xermano. Rica en leiras.
- Hermelinda. Xermano. Escudo do potente.
- Hermenexilda. Xermano. Guerreira valorosa e prudente.
- Herminia. Xermano. Grande, forte.
- Herodías. Grego. Gobernadora.
- Herundina. Xermano. Deusa e esposa.
- Hilaria. Grego. Alegría.
- Hilda. Xermano. Batalla.
- Hildegarda. Xermano. Gardiá da batalla.
- Hipólita. Grego. A que solta os cabalos.
- Hixinia. Grego. Sa, que goza de boa saúde, hixiénica.
- Honorata. Latín. Honrada, apreciada.
- Honoraria. Latín. Honorábel.
- Honorina. Latín. Honorábel.
- Hortensia. Latín. Relativa á horta.
I
[editar | editar a fonte]- Icía. Etrusco. Cega. Variantes: Cecía, Cilla, Cecilia.
- Ida. Xermano. Traballo, actividade.
- Ifixenia. Grego. Forte desde o seu nacemento.
- Ignacia. Latín. Ardente, fogosa, relacionada co lume.
- Ilduara. Xermano. Insigne ou sabia no combate, variante: Aldara.
- Iluminada. Latín. Con moita luz.
- Imelda. Xermano. Forte, grande batalla.
- Inmaculada. Latín. Sen mancha, virxe.
- Inés. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inesa, Einés.
- Inesa. Do grego (H)agné, ‘pura, casta’. Variantes: Inés, Einés.
- Ingrid. Sueco. Amada polo deus Ing.
- Inocencia. Latín. Inofensiva, honesta, sen culpa.
- Iola. Latín. Violeta, flor, derivado de viola. Variante de Iolanda.
- Iolanda. Latín. Violeta, flor, derivado de viola. Variante de Iola.
- Irea. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irena, Iría, Erea.
- Irena. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irea, Iría, Erea.
- Irene. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Forma culta. Variantes: Irena, Iría, Erea.
- Iria. Prerromano / Galaico: Pedra, vila (Iria foi unha guerreira celta). De Iria Flavia.
- Iría. Do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irea, Irena, Erea.
- Irimia. Galaico: topónimo do antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño.
- Iris. Do grego Eiro, ‘anunciar’, daba nome a unha deusa mensaxeira doutros deuses. Personifícase no arco da vella, por dar a impresión de que une a terra e o ceo. Tamén é nome de flor e, na relixión cristiá, é unha advocación mariana.
- Irlanda. Celta. Terra de Erin.
- Irma. Do xermánico irmin, ‘grande, poderoso’, epíteto do deus xermano Tiwaz ou Ziu.
- Isabel. Hebreo. O deus Baal é saúde, saudábel. Variante: Sabela.
- Isadora. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
- Isaura. Grego. Habitante de Isauria, na Asia Menor.
- Iseu. Galés. Fermosa
- Isidora. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
- Isidra. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
- Isolda. Galés. Fermosa
- Isolina. Xermano. Brillo poderoso.
- Ivón. Vasco-cántabro. Lago, gloria.
L
[editar | editar a fonte]- Lana. Celta. Harmonía.
- Landelina. Xermano. Propia da súa terra, do seu país.
- Lara. Latín. Relativa ao lar ou fogar.
- Laura. Do nome latino Laurea, posiblemente co significado ‘coroa de loureiro’. Se cadra, o nome latino é tradución do grego Dafne, ‘loureiro’.
- Laureana. Latín. Coroada de loureiro, vitoriosa.
- Lea. Do hebraico Le’ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lia. Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lía bíblica. Variante: Lía.
- Leda. Latín. alegre.
- Lédea. Do grego Lydia, ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia menor’, xa existente entre gregos e romanos. Variante: Lidia.
- Ledicia. Do latín Laetitia ‘ledicia’. Grande alegría. Variante: Leticia.
- Leila. Persa. noite.
- Leonarda. Xermano. Forte.
- Leoncia. Grego. Semellante a un león na súa forza.
- Leonor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Lionor, Eleonor.
- Leopoldina. Xermano. Valente entre a súa xente.
- Lía. Do hebraico Le’ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lia. Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lía bíblica. Variante: Lea.
- Liberada. Latín. Liberada.
- Liberata. Latín. Liberada.
- Liberdade. Do latín libertatem, de transparente significado, liberdade.
- Liboria. Latín. Consagrada aos deuses.
- Lidia. Do grego Lydia, ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia menor’, xa existente entre gregos e romanos. Variante: Lédea.
- Liduvina. Xermano. Pobo vitorioso ou amiga do pobo.
- Lilia. Latín. Lirio.
- Liliana. Latín. Pertencente aos lirios.
- Lionor. De orixe discutida, pode proceder do árabe (co significado ‘Deus é a miña luz’), do provenzal Alienor (posiblemente relacionado co gótico alan, ‘medrar’) ou do gálico Leonorius, quizais aglutinación de León e Honorio. Variantes: Lianora, Leonora, Leonor, Eleonor.
- Liria. Latín. Lirio.
- Loaira, nome literario, posiblemente anagrama de "raiola".
- Locaia. Grego. Natural da illa grega de Leucas. A través do latino Leocadia, que pode ser adaptación do grego Leukadia, ‘a branca, a resplandencente’. Variantes: Lucaia, Leocadia.
- Lorena. Latín. Loureiro.
- Loreto. Italiano. Bosque de loureiro.
- Loucia. Galaico. Nome céltico galaico lucense feminino.
- Lourenza. Latín. Coroada de loureiro, vitoriosa.
- Lúa. Do latín luna, Lúa. Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan luminosa, bela ou influente coma a lúa.
- Lucía. Latín. Nacida coa primeira luz.
- Luciana. Latín. Pertencente á luz.
- Lucila. Latín. Luz pequena.
- Lucinda. Latín. Pertencente ou relativa á luz.
- Lucrecia. Latín. Que dá beneficio e ganancia.
- Luísa. Xermano. Latinización medieval dun nome orixinalmente xermánico que significaba ‘gloriosa na batalla’.
- Lupa. Do alcume latino Lupus, ‘lobo’. Augura a quen leva tal nome as calidades positivas deste animal.
- Lurdes. Francés-Occitano. Outeiro rochoso, topónimo desta localidade.
- Luz. Latín. Luz.
M
[editar | editar a fonte]- Mabel. Celta. Leda.
- Macarena. Grego. Boa amiga, feliz, beata.
- Macaria. Grego. Boa amiga.
- Madalena. Hebraico. Natural de Magdala.
- Mafalda. Xermano. A que combate con forza.
- Magali. Provenzal. Perla.
- Magnolia. Francés. Flor, magnolia.
- Malvina. Gaélico. De fronte delicada e bela. Neve suave.
- Manuela. Hebreo. Deus está connosco.
- Mar. Latín. Mar.
- Mara. Hebraico. Posible nome de orixe bíblica. Significa ‘aflita, infeliz’. Úsase tamén como variante de María, Amara e Mar e mais como diminutivo de Anxos.
- Marcela. Latín. Dedicada ao servizo de Marte, martelo.
- Marcelina. Latín. Dedicada ao servizo de Marte, martelo.
- Margarida. Latín. Perla, flor.
- María. Hebreo. Señora.
- Mariana. Hebraico. Discípulo ou devoto de María.
- Mariña. Latín. Proveniente do mar, mariñeira.
- Marta. Arameo. A que provoca, señora.
- Martiña. Latín. Dedicada a venerar a Marte.
- Maruxa. Hebraico. Hipocorístico de María.
- Matilde. Xermano. Que loita con forza.
- Maura. Latín. Habitante da Mauritania, negra, moura, escura.
- Mauricia. Latín. Habitante da Mauritania, negra, moura, escura.
- Máxima. Latín. A máis grande, a maior.
- Maximiliana. Latín. A máis grande, a maior.
- Maximina. Latín. A máis grande, a maior.
- Maxina. Latín. A máis grande, a maior. Pode proceder do nome latino Maginus, e daquela ter o significado de ‘meiga, feiticieira’, ou ben ser unha deformación de Maxima, que en orixe significaba ‘a filla máis vella’. É o nome da protagonista da primeira novela escrita en galego: Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.
- Melania. Grego. Negra.
- Melba. Inglés. Regueiro.
- Melchora. Hebreo. Iahvé é a luz, raíña da luz.
- Melina. Latín. Doce.
- Melinda. Grego. Harmoniosa.
- Melisa. Grego. Abella.
- Mencía. Galego. É unha incógnita a orixe e significado deste antigo nome galego.
- Mercé. Latín. Favores, grazas, dons. Nome da Virxe desta advocación, patroa de Barcelona. A palabra mercé significou inicialmente ‘mercadoría’, ‘prezo’ e posteriormente ‘misericordia’, ‘perdón’. Variantes: Mercés, Mercedes.
- Mercedes. Latín. Favores, grazas, Dons.
- Mercés. Latín. Favores, grazas, dons.
- Meritxell. Latín (a través do catalán). Pura, de moito mérito.
- Micaela. Hebraico. Quen é como Deus. Deus é xusto.
- Miguela. Hebraico. Quen é como Deus. Deus é xusto.
- Milagres. Latín. Marabilla, milagre, prodixio.
- Minerva. Latín. Deusa da sabedoría.
- Minia. Xermano- galaico. grande, forte. De orixe incerta, quizais etrusca. Tamén evoca o nome latino do río Miño (Minius) que, máis dunha vez, se relacionou co minium, ‘cinabrio’, ‘minio’, ‘óxido de ferro ou de chumbo, mercurio ou arsénico’.
- Mireia. Latín. Marabilla, espello.
- Míriam. Hebraico. Señora.
- Mirta. Grego. Flor do mirto.
- Modesta. Latín. Moderada, modesta.
- Moira. Celta / Galaico. Virxe María, señora, a elixida.
- Mónica. Grego. Solitaria.
- Montserrat. Catalán. Monte en forma de serra.
- Mor. Galego. Se cadra, este nome procede dunha advocación da Virxe: a da basílica de Santa María a Maior ou Mor.
- Moraima. Árabe. Variante do nome semítico Maryam, que tamén deu orixe a María.
- Morgana Celta. Muller do mar.
- Muma. Galaico-latino. Quizais un antigo nome latino Mummia, en relación con mamma, ‘naiciña’, ‘seo da muller’, termo do vocabulario infantil existente en case todas as linguas.
- Muriel. Celta. Brillante coma o mar.
N
[editar | editar a fonte]- Nadia. Ruso. Esperanza.
- Narcisa. Grego. Flor, narciso, adormentadora.
- Natalia. Latín. En conmemoración do natal. Variante: Nataxa.
- Nataxa. Adaptación do ruso Nataxa, diminutivo de Natalija (Natalia), que á súa vez procede do latín natalis e significa ‘natal, relativo ao nacemento’. Variante: Natalia.
- Natividade. Latín. Xeración, nacemento.
- Navia. Galaico. Deusa galaica das fontes, ríos e mares. Procede dun topónimo. A súa orixe parece levarnos a unha raíz nav-, ‘embarcación, nave’ e pode aludir a paisaxes en forma de nave (nava).
- Nazaré. Do grego Nazaréth, a través do latín Názareth, adaptacións do antigo nome hebreo para esta cidade de Palestina, Nasrat, que significaba ‘a gardiá, a gardadora’.
- Nelida. Grego. Descendente de Néstor ou Neleo.
- Nemesia. Latín. Devota de Némese, deusa da xustiza.
- Nerea. Grego. Nome dunha deusa grega do mar.
- Nereida. Grego. Filla de Nereo. Referente a Nereo.
- Neves. Latín. Neve.
- Nicanora. Grego. Vencedora de homes.
- Nicasia. Grego. Vencedora, vitoriosa entre o pobo.
- Niceta. Grego. Vencedora, vitoriosa.
- Nicolasa. Grego. Vencedora do pobo, co pobo.
- Nidia. Grego. Limpa.
- Nina. Hebreo. Fermosa, linda.
- Noa. Hebreo. Repouso. Probablemente se trate do feminino de Noé ou quizais proveña do latín Noa, antiga cidade da Etiopía. Podería tamén proceder do hebreo Noah, relacionado con No’am, ‘delicia’, e con niham, ‘aliviar’.
- Noela. Galaico. Topónimo que algúns investigadores consideran que corresponde ao nome medieval da actual vila de Noia. Variante: Noega
- Noelia. Francés. Referente ao Nadal.
- Noemí. Hebreo. A miña ledicia. Variante: Noemia.
- Noemia. Do hebraico No’omi, derivado do substantivo no’am ‘alegría, ledicia’, que probablemente significaba ‘a miña ledicia’ ou ‘Deus é ledicia, Deus é amor’. Variante: Noemí.
- Norberta. Xermano. Famosa muller do norte.
- Noreia. Celta. Deusa celta.
- Norma. Latín. Norma, prescrición // Xermano. Muller do norte. Probablemente se trate da forma feminina de Norman, nome inglés común antes da conquista normanda, procedente do anglosaxón Northman, ‘home do norte’, ‘noruegués’.
- Nuria. Catalán. Advocación da Virxe no Val de Nuria (Xirona).
O
[editar | editar a fonte]- Oalla. Grego. Ben falada, elocuente.
- Oballa. Grego. Ben falada, elocuente.
- Obdulia. Árabe. Servidora de deus.
- Octavia. Latín. A que facía o número oito, oitava.
- Odilia. Xermano. Bens hereditarios, riqueza.
- Ofelia. Grego. Utilidade, axuda, serpe.
- Olaia. Grego. Ben falada, elocuente.
- Olalla. Grego. Ben falada, elocuente.
- Olegaria. Xermano. Pobo antigo.
- Olga. Ruso. Alta, divina, invulnerábel. Nome ruso de orixe escandinava, posiblemente do antigo noruegués Helga. Parece derivar dunha abreviación de nomes que teñen por primeiro elemento heil, ‘saúde’, que orixinariamente significaba ‘invulnerable’.
- Olimpia. Grego. Do monte olimpo, residencia dos deuses.
- Olinda. Xermano. Lanceira da illa.
- Oliva. Latín. Oliva. Variante: Olivia.
- Olivia. Latín. Oliva. A póla da oliveira é o símbolo da paz na Biblia e da sabedoría e da gloria en Grecia. Variante: Oliva.
- Onda. Latín. Onda do mar.
- Oriana. Latín. A que naceu.
- Orosia. Latín. Que ten moita boca, moi faladora.
- Otilia. Xermano. Bens hereditarios, patria.
- Ovidia. Latín. Pastora de ovellas.
P
[editar | editar a fonte]- Paderna, forma feminina e evolucionada de Paterno, do latín Paternus. Significa ‘paterno, pertencente ao pai’.
- Palmira. Latín. Referida ao domingo de palmas.
- Pancracia. Grego. Omnipotente, que posúe todo o poder.
- Pandora. Grego. A que ten todos os dons, todos os regalos.
- Pánfila. Grego. Amiga total, amiga de todos.
- Pascuala. Hebreo. Pertencente á Pascua.
- Pascualina. Hebreo. Pertencente á Pascua.
- Pastora. Latín. Muller que coida o rabaño.
- Pastoriza. Latín. Relativa á pastora.
- Patricia. Latín. Paisana, da patria, de pai rico e nobre.
- Paula. Latín. Pequena, miúda.
- Paulina. Latín. Pequena, miúda.
- Paz. Latín. Paz.
- Pelaxia. Grego. Mariñeira, muller de mar.
- Penélope. Grego. Fíos inchados, pano, tea.
- Peregrina. Latín. Que vai polo campo.
- Perfecta. Latín. Perfecta.
- Perpetua. Latín. Constante, eterna, perpetua.
- Petra. Latín. Pedra firme como a rocha.
- Petronia. Latín. Dura como unha pedra, como un coio.
- Petronila. Latín. Feita de pedra, de rocha.
- Petunia. Latín. Flor, petunia.
- Pía. Latín. Veneradora dos pais, devota, piadosa.
- Piedade. Latín. Piedade.
- Pilar. Latín. columna.
- Polixena. Grego. Hospitalaria.
- Pomba. Latín. Pomba, rola. Esta ave é animal sagrado de Venus, símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo.
- Pompea. Do latín Pompeius, nome dunha gens romana. Probablemente teña relación co numeral sabino pompe, ‘cinco.
- Porfiria. Grego. Da cor da púrpura.
- Portal. Latín-galego. Diminutivo de porta. É nome dunha advocación mariana do convento de Belvís (Santiago de Compostela).
- Pracida. Latín. Tranquila, apracíbel.
- Preciosa. Latín. Preciosa, bela, de grande valor ou estima.
- Presentación. Latín. Presentar, facer visíbel.
- Primitiva. Latín. Primitiva, orixinaria.
- Prisca. Latín. Antiga, venerábel.
- Priscila. Latín. Antiga, vella, venerábel.
- Próspera. Latín. Próspera.
- Prudencia. Latín. Prudencia.
- Pura. Latín. Pura, Casta.
- Purificación. Latín. Purificación, expiación.
Q
[editar | editar a fonte]- Quitera, grego. Túnica curta. Do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtibero, ou de Kyteria, Kythereia en grego, epíteto de Venus Afrodita que significaba ‘da cidade de Citeres, en Creta’. Variantes: Quiteria, Quitérea.
R
[editar | editar a fonte]- Rafaela. Hebreo. Deus nos garde.
- Raimunda. Xermano. Divina protección.
- Ramona. Xermano. A que protexe polo consello, famosa.
- Raquel. Hebreo. Ovella, gando.
- Rebeca. Hebreo. Corda, ligamento.
- Reimunda. Xermano. Conselleira protectora.
- Reis. Latín. Reis.
- Remedios. Latín. Medicina, remedio.
- Renata. Latín. Nacida para unha nova vida.
- Restituta. Latín. Restituída á fe, á salvación.
- Rexina. Latín. Raíña.
- Rita. Latín. Aférese de margarida, perla, flor.
- Robustiana. Latín. Moi forte, fortísima.
- Roca. Latín. Rocha, pedra.
- Rosa. Latín. Rosa, flor.
- Rosalía. Non está clara a súa orixe, aínda que o máis probable é que se trate do nome xermánico Ruozelin, formado sobre a raíz hroth-, ‘fama, sona’.
- Rosalinda. Latín. Rosa fermosa, bela // Xermano. Escudo da fama.
- Rosamunda. Xermano. A que protexe pola súa fama.
- Rosario. Latín. Derivado de rosa, xardín de rosas.
- Rosaura. Latín. Rosa de ouro.
- Rosenda. Xermano. O camiño da fama, da gloria.
- Roxana. Persa. Brillante.
- Roxelia. Xermano. Vitoriosa, esperta, gloriosa pola súa lanza.
- Roxeria. Xermano. Vitoriosa, esperta, gloriosa pola súa lanza.
- Rufina. Latín. Pertencente á familia rufa, de pelo rubio.
- Rufa. Latín. De pelo rubio.
- Ruperta. Xermano. Gloriosa.
- Rute. Do hebraico Ruth. Amizade, compaña, beleza. Variante: Ruth (variante gráfica).
S
[editar | editar a fonte]- Sabela, do hebreo Elixeba. O deus Baal é saúde, ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’. Variante: Isabel.
- Sabina, Latín. Orixinaria do país dos Sabinos, Italia.
- Sabrina, Celta. Hidrónimo.
- Sagrario, Latín. Lugar sagrado.
- Saladina, Árabe. De fe moi pura.
- Saleta, Francés. Topónimo desta localidade francesa. Nome derivado dunha advocación mariana, como homenaxe á virxe aparecida na Salette (Francia).
- Salomé, Hebreo. Pacífica, perfecta, harmoniosa.
- Salustiana, Xermano. Que goza de boa saúde.
- Salvadora, Latín. Salvadora, que salva.
- Salvia, Latín. Salvada.
- Samanta, Arameo. Que escoita.
- Sara, Hebreo. Princesa.
- Sarela, galaico. Forma diminutiva de Sar, que deriva do céltico ou precéltico sar, ‘corrente de auga’.
- Saturnina, Latín. Dedicada ao Deus Saturno (do grego, farto, saciado, saturado).
- Sebastiana, Grego. Venerábel, augusta.
- Secundina, Latín. A segunda.
- Segunda, Latín. A segunda.
- Selene, Grego. Lúa.
- Selma, Árabe. Que ten paz.
- Serafina, Hebreo. Purificadora.
- Serapia, Grego. Sol, procedente de divindades exipcias.
- Serena, Latín. Muller tranquila.
- Severa, Latín. Severa, firme, seria.
- Severina, Latín. Severa, firme, seria.
- Sía, Latín. Cega, curta de vista. Variantes: Cecilia, Cecia, Cecía, Icía, Cía ou Cilla.
- Sibilina, Grego. Profetisa.
- Silvana, Latín. Selvática, do bosque.
- Silvia, do latín Silvius, que significa ‘do bosque, boscoso’.
- Silvina, do latín Silvius, que significa ‘do bosque, boscoso’.
- Simona, Hebreo. Deus escoitoume.
- Sinforosa, Grego. Acompañante.
- Sira, Latín. Orixinaria de Siria.
- Socorro, Latín. Socorro, auxilio.
- Sofía, Grego. Sabedora, sabedoría.
- Soidade, Latín. Soidade.
- Sol, Latín. Sol.
- Sonia, Ruso. Sabedoría.
- Suevia, Latín. Terra dos suevos, xermanos que invadiron a Península Ibérica e que se estableceron en Galicia, onde reinaron por cerca dun século.
- Susana, Do hebraico xuxân, ‘lirio’, posibelmente de orixe exipcia. Nome persoal semítico transmitido a través do grego Susanna e Susanná. Lirio, azucena.
T
[editar | editar a fonte]- Tais, Grego. A que se gaba.
- Talia, Grego. Fértil, abundante.
- Tamara, Hebreo. Palmeira. // Árabe. Dátil.
- Támara, Galaico. É un nome de río convertido en antropónimo, pois evoca a Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta.
- Tania, Ruso. Fiel ao pai.
- Tareixa, Grego. Cazadora, animal salvaxe.
- Tarsila, Grego. Valente.
- Tasia. Orixinalmente era un diminutivo de Anastasia (nome grego formado sobre anastasis, ‘resurrección’), pero independizouse e adquiriu categoría de nome oficial. Variante: Anastasia.
- Tatiana, ruso (do Grego). Fiel ao pai.
- Tecla, Grego. Marabillosa, gloria de Deus.
- Tegra, Grego. Marabillosa, gloria de Deus.
- Teodora, Grego. Regalo de Deus.
- Teodosia, Grego. Doazón de Deus.
- Teodolinda, Xermano. Escudo do pobo.
- Teófila, Grego. Amiga de Deus.
- Teresa, Grego, a través do castelán. Cazadora, animal salvaxe.
- Timotea, Grego. Temerosa de Deus.
- Tita, Latín. Protexida, honrada.
- Tomasa, Arameo. Xemelga.
- Trega, Grego. Marabillosa, gloria de Deus. Do latín eclesiástico Thecla, formado sobre o grego Thekla, ‘que ten fama por causa dos deuses’. Variantes: Tecra, Tegra, Tecla, Técola, Tiexa.
- Trindade, Latín. Trindade, número de tres.
U
[editar | editar a fonte]- Ubalda, Xermano. Intelixente e valorosa.
- Ulla, Celta-galaico. Xoia do mar. É un nome de río de orixe descoñecida que se introduciu como nome de muller.
- Ulrica, Xermano. Gobernante poderosa.
- Ultreia, Grego. Adiante.
- Urbana, Latín. Habitante da cidade, cortés, educada.
- Urraca, Xermano. Uro, nome de animal.
- Úrsula, Latín. Osa pequena.
- Uxía, Do grego Eughéneia, ben nacida, nobre. Variantes: Euxenia, Euxea, Oxea.
V
[editar | editar a fonte]- Val, Latín. Val.
- Valentina, Latín. Que vale, robusta.
- Valeria, Latín. San, forte.
- Valeriana, Latín. San, forte.
- Vanda, do xermánico vand, ‘espírito, alento’.
- Venancia, Latín. Cazadora. Que pode ser vendida.
- Veneranda, Latín. Digna de ser venerada.
- Vera, do ruso Vèra, ‘fe’, procedente do latín verus, vera, ‘verdadeiro’. Nalgunhas linguas funciona como diminutivo de Verónica.
- Verísima, Latín. Moi verdadeira.
- Verónica, Grego. Imaxe verdadeira.
- Vicenta, Latín. Vencedora, que vence.
- Violante, Latín. Viola ou violeta, nome de flor.
- Violeta, Latín. Flor, violeta.
- Viridiana, Latín. Xardín verde.
- Virtudes, Latín. Virtudes, forza, vigor.
- Virxilia, do latín Vergilius ou Virgilius, nome dunha gens romana.
- Virxinia, Latín. Virxinal.
- Visitación, Latín. Visita.
- Vitoria, Latín. Vitoriosa.
- Viviana, Latín. Vividora, vital, que vive.
X
[editar | editar a fonte]- Xacinta. Grego. Flor.
- Xandra. Grego. A que torna o inimigo. En paralelo coa recente expansión polo mundo do diminutivo italiano Sandra, produciuse en Galicia idéntico proceso con este diminutivo de Alexandra.
- Xaquelina. Hebreo. A segunda, a que ven detrás.
- Xasmín. Persa. Xasmín, flor.
- Xasmina. Persa. Xasmín, flor.
- Xeila (Sheila). Celta. Variante de Sile (nome irlandés do latín: Celia, do outeiro).
- Xela. Hipocorístico de Anxela. Esta é unha das posibles formas femininas do nome masculino Anxo, do latín eclesiástico Angelus e, este, do grego ággelos, ‘mensaxeiro’. Variantes: Anxa, Anxela.
- Xeloíra. Hispano. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xelvira, Elvira.
- Xelvira. Hispano. Nome hispano que podería ter orixe visigótica e significar ‘amiga da lanza’ ou ‘alegre e amistosa’, ou ben ser de orixe vasca e significar ‘vila nova’. Variantes: Xeloíra, Elvira.
- Xema. Latín. Xema, pedra preciosa.
- Xenara. Latín. Relativa ao mes de xaneiro.
- Xenerosa. Latín. Xenerosa.
- Xenevra. Celta. A máis branca entre os elfos. Branca coma a escuma do mar. A través do francés Genièvre, da forma anglonormanda Guennièvre e, pola súa vez, do galés Gwenhwyvar, ‘espírito, elfo luminoso’ ou ‘que brilla no medio dos elfos’.
- Xenia. Grego. Hospitalaria.
- Xenoveva. Xermano. Muller de boa estirpe, muller nobre. Celta: escuma do mar.
- Xenxa. Latín. Variante de inocencia. Inofensiva, honesta, sen culpa.
- Xeorxina. Grego. Labrega.
- Xeraldina. Xermano. Forte coa lanza, forte, fiel.
- Xermana. Xermano. Irmá.
- Xerónima. Grego. Nome santo.
- Xertrude. Xermano. Amiga da lanza, fiel.
- Xervasia. Xermano. Aguda como un venablo.
- Xesusa. Hebraico. Salvadora.
- Xiana. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
- Xilda. Bretón-Celta. Valiosa, valente.
- Ximena. Hebreo. Deus escoitoume.
- Xisela. Xermano. Frecha, forte pola sabedoría.
- Xiomara. Árabe derivado do xermano. Ilustre na guerra
- Xoana. Hebreo. Deus é misericordioso.
- Xoaquina. Hebreo. Deus construirá.
- Xonxa. Latín. variante de Asunción. subir ao ceo, ascender.
- Xosefa. Hebreo. sentada á dereita de deus, regalo de deus.
- Xosefina. Hebreo. sentada á dereita de deus, regalo de deus.
- Xudite. Do hebraico Yehudit, ‘xudía, hebrea’, adaptado ao grego e ao latín como Judith
ou Iudith. Variante: Xudit.
- Xulia. Latín. Xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
- Xuliana. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
- Xulieta. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.
- Xunqueira. Latín. Lugar cheo de xuncos, xunqueira.
- Xusta. Latín. Xusta, recta, de lei.
- Xustina. Latín. Xusta, recta, de lei.
- Xuventina. Latín. A que posúe xuventude ou mocidade.
- " Xacia". Grego. Muller metade persoa metade peixe das augas galegas
Z
[editar | editar a fonte]- Zaida, Árabe. A que medra, desenvolvida. Derivado do verbo Zaada, co significado de ‘a que medrou’, ou
ben feminino de Zaid, antropónimo masculino.
- Zaira, Árabe. Florida.
- Zeltia, Terra dos celtas, aparace na obra de Eduardo Pondal
- Zenobia, Grego. Vida doada por Zeus.
- Zoe, Grego. Vida.
- Zoraida, Árabe. Graciosa.
- Zulema, Árabe. Pacífica.
- Zulima, Árabe. Pacífica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costas González, X.-H. (1991). 1.000 Nomes Galegos. Xunta de Galicia: Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística.
- Feixó Cid, X. (outubro de 2003). Dicionario Galego dos Nomes (en galego). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-052-5. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 05 de novembro de 2012.
- Ferro Ruibal, (dir.); Boullón Agrelo, Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Lema Suárez, Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (en galego). Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 27 de xullo de 2014.
- Seixas Subirá, X. (1977). 400 nomes galegos pra homes e mulleres. SEPT.