Uxía (nome)
Aparencia
(Redirección desde «Euxenia»)
Uxía[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é grega: εὐγενής (eugenēs), "nobre", literalmente "ben nada",[3] de εὖ (eu), "ben"[4] e γένος (genos), "raza, familia".[5] En galego tamén ten as variantes Euxenia, Ouxea e Euxea e os hipocorísticos Xenucha e Nucha.[2]
En xaneiro de 2023 existían 4.423 mulleres en Galicia co nome Uxía, cunha media de idade de 16,3 anos.[6] Non hai persoas rexistradas coas variantes Euxenia, Ouxea ou Euxea.
Santoral
[editar | editar a fonte]Santa Uxía, 23 de decembro: Santa Uxía foi unha mártir romana do século III, é moi venerada en Galicia .[7]
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Inglés: Eugenia ou Eugénie (masculino: Eugene, forma curta: Gene).
- Portugués: Eugénia;
- Español: Eugenia;
- Francés: Eugénie;
- Catalán: Eugènia (forma curta: Xènia);
- Lituano: Eugenija;
- Ruso: Евгения (Yevgeniya ou Yevgenia).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Galegas
- Uxía Blanco, actriz galega (n. 1952)
- Uxía Casal, escritora galega (n. 1957);
- Uxía Senlle, cantante galega (n. 1962);
- Ugia Pedreira, cantante galega.
- Outras
- Santa Uxía de Alexandría, mártir cristiá romana morta en 258
- Isabel Clara Uxía (1566–1633), filla de Filipe II de España
- Eugenia Martínez de Irujo, Madrid, 1968, aristócrata española
- Vitoria Uxía de Battenberg (1887–1969), consorte do rei Afonso XIII de España
- Uxía de York (nada 1990), nobre da realeza británica
- Eugenia Bonetti, monxa italiana.
- Eugenia Charles (1919–2005), Primeira Ministra de Dominica
- Eugenia Errázuriz (1860–1951), referente das artes chilena
- Eugenia Manolidou (born 1975), compositora grega
- Uxía de Montijo (1826–1920), dona de Napoleón III de Francia
- Eugenia Popa (nada 1973), ximnasta romanesa
- Eugenia Popescu-Județ (1925–2011), bailarina romanesa
- Eugenia Price (1916–1996), autora americana
- Eugenia Volodina (nada 1984), supermodelo rusa
- Eugênia Câmara (1837–1879), actriz portuguesa
- Evgenia Kanaeva (nada 1990), ximnasta olímpica rusa, dúas veces campioa olímpica
- María Eugenia Vaz Ferreira (1875–1924), poeta uruguaia
- Yevgenia Ginzburg (1904–1977), escritora rusa
- Yevgeniya Rudneva (1920–1944), piloto ucraína soviética
- Genė Galinytė (nada 1945), remadora lituana
- Gene Tierney (1920–1991), actriz estadounidense
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ εὐγενής, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ εὖ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ γένος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
- ↑ Nome Uxía na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Uxía