Chorima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chorima

A chorima[1] ou chorida[2] é a flor do toxo. É unha flor moi olorosa de cáliz amarelo e pétalos de 13–20 mm de cor amarela clara. O froito é negro, dun tamaño arredor dos 15 mm, moi veludo e tóxico.

Existen numerosas variantes dialectais: charuma, cherumia, chirumia, chorida, chorimas, chourima, churida, churuma e chusmigo. Na fala mindoniense dise xorima.

Nunha canción do grupo galego Saraibas, a cal leva o mesmo nome co da flor, fáiselle unha oda resumindo claramente as súas características. Di así:

"Chorima nosa chorima, tan amarela no monte, ti e-la fror dos galegos, dos de onte e dos de hoxe. Fror de toxo, fror de toxo, fror da galeguidade as raíces son a ialma a chorima a saudade. Arrecendes os toxales, non te quixeches na casa, ergueita brava e ceibe como os galegos de raza. Somente a nosa terra abona a túa semente, chorima ti sí es nosa, fúche-lo e sera-lo sempre".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chorima.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chorida.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.