Ádega
Aparencia
(Redirección desde «Águeda (nome)»)
Ádega[1][2] é un nome propio feminino galego. Deriva do grego αγαθε (agathé: boa). En galego tamén ten a vairante Águeda.
En xaneiro de 2023 existían 7 mulleres en Galicia co nome Ádega, cunha media de idade de 41,9 anos,[3] e 347 co nome Águeda, cunha media de idade de 39,5 anos.[4]
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Agata: italiano, polaco, romanés, sueco
- Ágata: castelán, catalán
- Agáta: checo, húngaro
- Agate: éuscara,
- Agatha: alemán, inglés
- Agathe: alemán, francés
- Águeda: portugués, castelán
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ádega de Catania, mártir siciliana.
- A tía Ádega, personaxe literario da novela de Castelao Os dous de sempre.
- Ádega, personaxe literario da obra de Valle Inclán Flor de santidad.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Ádega na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Águeda na Web do Intituto Galego de Estatística