Saltar ao contido

Comba (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comba
 Instancia de
 Nome orixinal
Comba Editar o valor en Wikidata
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 103076
Wikidata
Imaxe de Comba de Sens no concello de Santa Comba,

Comba[1][2] é un nome propio feminino galego. Procede do latín Columba que significa de cor pálida (amarela clara ou cinsenta). Tamén fai referencia ás cualidades de suavidade e dozura propia das pombas.

En xaneiro de 2023 existían 23 mulleres en Galicia co nome Comba, cunha media de idade de 18,7 anos.[3]

Atribúeselle o significado de aquela que é o símbolo de paz propio do Antigo Testamento ou Aquela que é símbolo da reconciliación propio do Espírito Santo.

Santa Comba é unha santa das máis veneradas en Galicia, patroa de multitude de parroquias (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Comba).

Variante noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Equivalencias noutras linguas
Lingua Tradución Lingua Tradución
Catalán Coloma Francés Colombe
Italiano Colomba Inglés Colum, Colm, Columba
Éuscaro Uxue español Paloma, Columba

Persoeiros

[editar | editar a fonte]

Varios persoeiros levan o nome de Comba, Columba, ou Paloma:

Figuras relixiosas

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Comba". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  3. Nome Comba na Web do Instituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]