Rosalía (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rosalía (homónimos).
Rosalía[1], cuxos apocorísticos son Rosa[1] e Chelía[1], é un nome feminino galego, que se documenta dende o século IX.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A súa etimoloxía é discutida.[1] Porén, a hipótese máis recorrida explícao como un nome de orixe xermánica, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’ xunto cunha forma -lîn.[1] Segundo Tagliavini, esta hipótese refórzase pola natureza xermánica de santa Rosalía de Palermo, nada no século XII.[1]
Uso
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE,[2] o 1 de xullo de 2021, había en Galicia 1.756 mulleres chamadas Rosalía, cunha maior porcentaxe nas provincias da Coruña e Pontevedra.[2]
O seu uso en cativos galegos durante o século XX e XXI débese, en boa medida, á figura de Rosalía de Castro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-20.
- ↑ 2,0 2,1 "IGE - Nomes e apelidos da poboación". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-20.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2016). "Os nomes galegos no século XXI". Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. pp. 191–212. ISBN 978-84-453-5236-6.