Saltar ao contido

Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Vicente Mártir.

Vicente[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Vincentius, relativo á palabra "vincens", que significa "vencedor", "conquistador", ou "sedutor". En galego tamén ten a variante Vicenzo e os hipocorísticos Chente, Vituco, Tuco e Vitiño.[2]

En xaneiro de 2023 existían 3.024 varóns en Galicia co nome Vicente, cunha media de idade de 62,6 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Vicenzo.

O nome en Galicia

[editar | editar a fonte]

O nome foi moi común en Galicia, xa que existen numerosas parroquias onde o patrón é San Vicente, exactamente 31 na variante San Vicenzo (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo) e 67 coa variante San Vicente (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente).

Vicente noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Variantes noutras linguas
Castelán Vicente
Catalán Vicenç
Checo Vincenc
Éuscaro Bixente
Francés Vincent
Galego Vicente / Vicenzo
Húngaro Vince
Inglés Vincent
Italiano Vincenzo[4]
Irlandés Uinseann
Lituano Vincentas
Polaco Wincenty
Portugués Vicente
Ruso Викентий
Sueco Vincent

Relixión

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Vicente". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  3. Nome Vicente na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. Segundo unha estimación do ano 2000 era o oitavo nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nomes masculinos en Italia no século XX (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]